Saltar ao contido

Fernán Ferreiroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernán Ferreiroa
Información persoal
Nome Fernán Ferreiroa López
Nacemento 10 de febreiro de 1995
Lugar de nacemento Nigrán e Nigrán
Altura 1,69 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Gabala
Número 9
Carreira xuvenil
–2009 Ureca
2009–2012 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2015 Celta de Vigo B 36 (0)
2015 Compostela 3 (0)
2015–2016 Choco 28 (1)
2016–2018 Gimnástica Segoviana 75 (17)
2018–2019 Barakaldo 22 (1)
2019–2020 Gabala 18 (3)
2020–2021 Jagiellonia 11 (0)
2021– Gabala 7 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de xaneiro de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Fernán Ferreiroa López, nado en Nigrán o 10 de febreiro de 1995, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Gabala da Premyer Liqasi de Acerbaixán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Nigrán, formouse na canteira do Celta de Vigo, debutando co filial en Segunda B a finais da tempada 2011/12. Formou parte do Celta B na seguinte tempada, na que disputou 29 encontros, aínda que só 16 deles como titular, nun equipo no que xogaban destacados dianteiros como Borja Iglesias ou David Añón. Na segunda metade da tempada 2013/14 xogou cedido na SD Compostela ás ordes de Iñaki Alonso.[1]

Xa desvencellado do Celta fichou en 2015 polo Choco de Marcos Montes, co que disputou toda a tempada na Tercera División.[2] Na tempada 2016-17 fichou pola Gimnástica Segoviana CF, co que logrou o ascenso á Segunda División B. Seguiu un ano máis no club segoviano, pero non puido manter a categoría ao final da tempada.[3]

Na tempada 2018/19 pasou ao Barakaldo, co que xogou 23 partidos na Segunda División B. En xuño de 2019 rescindiu o seu contrato co club antes de emprender a súa primeira aventura no estranxeiro.[4][5]

No verán de 2019 asinou co Gabala FK da Premyer Liqasi de Acerbaixán.[6] Debutou co equipo acerbaixano nun partido da fase de clasificación para a Europa League contra o Dinamo Tbilisi, e disputou 18 partidos de liga, nos que marcou tres goles. Na tempada 2020/21 xogou co Jagiellonia Białystok na Ekstraklasa polaca, antes de regresar en 2021 ao Gabala.

  1. "El Compostela ficha al atacante Fernán". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  2. "Fernán llega al Choco" (en castelán). 11 de outubro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  3. "Ferreiroa refuerza la medular del Barakaldo" (en castelán). 28 de agosto de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  4. "Fernán Ferreiroa abandona el Barakaldo rumbo a Azerbaiyán" (en castelán). 21 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  5. Castro, Xosé Ramón (30 de outubro de 2019). "Azerbaiyán, el paraíso de Fernán Ferreiroa" (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  6. Castro, Xosé Ramón (17 de abril de 2020). "«Pasar de tu cuarto a pasear los perros es una diferencia bestial»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]