Fernando Álvarez Lamelas

Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 ![]() Xunqueira de Espadanedo, España ![]() |
Morte | 26 de abril de 2024 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario, enxeñeiro industrial ![]() |
Fernando Álvarez Lamelas, nado en Xunqueira de Espadanedo o 16 de marzo de 1935 e finado en Madrid o 26 de abril de 2024, foi un enxeñeiro e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de mestres, licenciouse en enxeñería industrial en Madrid en 1960. Traballou como enxeñeiro en distintas empresas de fundición e construción en Cantabria e Euscadi, entre elas a alemá Didier GmbH, que tiña parte das súas plantas en Bilbao. En 1970 asume a xerencia da bilbaína , da que posteriormente o nomeaaron conselleiro delegado. Participou na creación da filial española de Karrena GmbH, unha empresa alemá de material refractario e de construción de chemineas industriais. Finalmente comprou a empresa nai en 1997 e converteuse en presidente executivo da nova firma, que recibiu o nome de Beroa con sede en Ratingen (Alemaña). Xubilouse en 2000 e pasou a ocupar a presidencia do consello de administración[1].
Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernando Álvarez Lamelas, de Grupo Beroa Arquivado 30 de marzo de 2010 en Wayback Machine., Emprendedores
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. ISBN 84-8064-113-4.