Fernando Alfaya Pérez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1867 Redondela, España |
Morte | 1949 (81/82 anos) |
Fernando Cristino Alfaya Pérez, nado en Redondela en 1867 e finado en Alacant en xuño de 1949[1], foi avogado, xornalista e político galego.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Fillo do avogado Fermín Alfaya Milijosa. Colaborou no periódico redondelán El Alvedosa. En 1892 foi nomeado secretario da Universidade de Salamanca. Foi secretario xeral do Consello de Instrución Pública. Foi propietario do predio de Pousadouro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Gloria Fontenla Campomanes en 1911.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noticia en El Pueblo Gallego, 5-6-1949, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. p. 18. ISBN 84-8302-720-8.