Fernando Alsina González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1881 Santiago de Compostela, España |
Morte | 6 de decembro de 1952 (70/71 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
9 de marzo de 1929 – 1930 ← José Díaz-Varela Losada – Manuel Villar Iglesias → | |
Actividade | |
Ocupación | político, cirurxián, médico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Familia | |
Fillos | Mercedes Alsina Gómez-Ulla |
Fernando Alsina González nado en Santiago de Compostela en 1881 e finado na mesma cidade o 6 de decembro de 1952, foi un médico, profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela rematando en 1897. Fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela rematando en 1903 con premio extraordinario. Médico cirurxián. Foi profesor auxiliar numerario da USC. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, tema da súa tese de doutoramento. Fundou o Sanatorio San Lorenzo (1920). Foi alcalde de Santiago de Compostela ao final da ditadura de Primo de Rivera, sendo elixido o 9 de marzo de 1929[1]. Estivo vencellado aos círculos rexionalistas cataláns e foi un dos asinantes do manifesto de apoio ao Estatuto de Galicia en 1933. De setembro de 1936 e febreiro de 1937 estivo na fronte de guerra no bando franquista exercendo labores cirúrxicas. Foi conselleiro da Caixa de Aforros-Monte de Piedade de Santiago de Compostela dende o 23 de marzo de 1936 e foi nomeado presidente do seu consello de administración o 28 de xullo de 1950. Finou en Compostela o 6 de decembro de 1952.[2]
Predecesor: José Díaz-Varela Losada |
Alcalde de Santiago 1929 - 1930 |
Sucesor: Manuel Villar Iglesias |
Obras
[editar | editar a fonte]- Resultados lejanos de la gastroenterostomía como tratamiento de las retracciones cicatriciales de píloro, 1904.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepeción Gómez-Ulla e foi pai de Mercedes, Milagros, Javier, Ramón e Fernándo Alsina Gómez-Ulla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ecos compostelanos". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 10-3-1929. p. 5.
- ↑ El Correo Gallego, 7-12-1952, p. 1, 4-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) : do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-644-8. Consultado o 30 de agosto de 2012.
- Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2015). Fernando Alsina e o seu diario de guerra. Santiago de Compostela: Alvarellos. ISBN 978-84-89323-81-0.
- Entrada "Álsina González, Fernando" no Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.