Fernando Arias Parga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Rábade, España |
Morte | 24 de xullo de 1959 (49/50 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | avogado, profesor universitario, político |
Familia | |
Pai | Fernando Arias Rodríguez |
Irmáns | Elías Arias Parga |
Fernando Arias Parga, nado en Rábade en 1909 e finado en Madrid o 24 de xullo de 1959,[1] foi un avogado, profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Fernando Arias Rodríguez. Estudou dereito na Universidade de Valladolid, onde foi presidente da Asociación de Estudantes de Dereito.[2] En 1930 foi detido por posesión de follas clandestinas.[3] En 1932 gañou a cátedra de Dereito Internacional Público da Universidade de Madrid. Profesor auxiliar da Cátedra de Dereito Internacional Público da Universidade Central de 1932 a 1936. Doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid en 1934. Obtivo unha bolsa para estudar no Kaiser Wilhelm Institut en 1934. Durante a guerra foi xefe do Servizo de Información Militar de Andalucía e foi nomeado cónsul de Oujda. Despois da guerra colaborou no Instituto de Estudios Internacionales y Económicos e dende 1955 foi secretario técnico da Escuela de Funcionarios Internacionales. Finou en Madrid aos 50 anos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Francisca González Hernández, e foi pai de Fernando e Alicia Arias González.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Vida Gallega, 10-7-1932, p. 34.
- ↑ Heraldo de Castellón, 22-5-1930, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- De la Muela, A. (1959). FERNANDO ARIAS PARGA (1909-1959). Revista Española De Derecho Internacional, 12(3), 474-475. Consultado en http://www.jstor.org/stable/44295018
- De Luna, A. (1959). FERNANDO ARIAS. Revista Española De Derecho Internacional, 12(3), 473-474. Consultado en http://www.jstor.org/stable/44295017