Fernando Arribas Arias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Lugo, España |
Formación profesional | Humanidades |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Ensaio |
Fernando Arribas Arias, nado en Lugo en 1958, é un escritor e divulgador do patrimonio arqueolóxico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialidade de Ciencias Humanas) e licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como técnico de difusión do Museo Provincial de Lugo. Foi membro da comisión territorial do Patrimonio Histórico-Artístico da Xunta de Galicia en Lugo (1987-1992) e da comisión técnica de Arqueoloxía da Xunta de Galicia (1987-1994). É socio-fundador de diversas asociacións relacionadas co patrimonio cultural e, actualmente, é o secretario da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Conferenciante e investigador, preferentemente sobre cine e etnografía, desde 1993 (xunto con Xosé Manuel Blanco Prado) traballa no Proxecto Carboeira que ten por obxectivo o inventariado e catalogación dos cruceiros da Terra Chá.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O cine en Lugo: 1897-1977. Notas para unha historia cinematográfica, 1996, Xerais.
- O cinematógrafo nas Festas de San Froilán de Lugo, 2006, Concello de Lugo.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Catálogo de cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei, 1998, Ediciós do Castro.
- Cruceiros de Guitiriz, 1999, Ediciós do Castro.
- Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, 2000, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro.
- Tempora Mutantur. Reloxos do Museo Provincial de Lugo, 2001, Deputación de Lugo.
- Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza, 2002, Ediciós do Castro.
- Guía do Museo Provincial de Lugo, 2003, Deputación de Lugo.
- Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade, 2004, Ediciós do Castro.
- Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín, 2006, Ediciós do Castro.
- O claustro franciscano do Museo Provincial de Lugo, 2011, Deputación de Lugo.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Manuel Mato Vizoso do Concello de Vilalba no 1987, ex aequo con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
- Premio Cal da Loba das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego no 1999, xunto con Xosé Manuel Blanco Prado.