Fernando Bujones
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1955 Miami, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de novembro de 2005 (50 anos) Miami, Estados Unidos de América |
Causa da morte | melanoma maligno |
Educación | School of American Ballet (pt) Professional Children's School (en) |
Actividade | |
Ocupación | Bailarín, profesor |
Premios | |
Sitio web | fernandobujones.com |
Fernando Bujones Calleiro, nado en Miami (Florida) o 9 de marzo de 1955, e finado na mesma cidade o 10 de novembro de 2005, foi un bailarín clásico estadounidense de ascendencia cubana. Un dos máis notables bailaríns da súa xeración, que gañou a famosa competición internacional de Ballet de Varna, onde recibiu a medalla de ouro, considerada o galardón máis prestixioso da danza.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pais cubanos, e descendente do militar galego Ramón Pumpido Puga. Regresou coa súa nai a Cuba en 1957, pouco despois de nacer, e foi en Cuba onde se iniciou na danza os sete anos con Alicia Alonso, do Ballet Nacional de Cuba, na Habana. En 1964, cando tiña nove anos, a súa familia exiliouse, primeiro no Canadá, logo en Praga e París onde o esperaba a súa curmá Zeida Cecilia Menéndez, ex bailarina e mestra de baile.[3] Aos 10 anos estableceuse en Miami, debutando coa obra Schelkúnchik. Aos 12 foi recomendado a Jacques D'Amboise quen lle deu unha audición, gañando unha bolsa para o American Ballet Theatre, onde completou a súa educación con Stanley Williams, André Eglevsky e Zeida Cecilia Méndez.[4]
O American Ballet Theatre
[editar | editar a fonte]En 1972 uniuse ao American Ballet Theatre e en 1974 foi Principal Dancer ao gañar a competición de Varna con medalla de ouro. Destacouse no Corsario, Don Quixote, Os Patinadores e como James na Sylphide, Albrecht en Giselle, Solor na Bayadere, Colas na Fille Mal Gardée e en coreografías de George Balanchine, Jerome Robbins, Antony Tudor e Frederick Ashton.
Foi eclipsado pola aparición de Mikhail Baryshnikov, marido de Jessica Lange, quen se uniu ao ABT o mesmo ano en que Bujones gañou en Varna. Ambos foron os solistas máis notables da súa era no ABT, pasando Bujones a actuar baixo a dirección do ruso, con quen tivo serias desavinzas que culmiron na súa renuncia en 1985.[5][6] A agre disputa chegou aos diarios cando Bujones proclamou "Baryshnikov ten a publicidade, pero Bujones ten o talento". Cando Baryshnikov abandonou a compañía, Bujones regresou permanecendo nela até a súa retiro en 1995.
Actuacións Internacionais
[editar | editar a fonte]Actuou en 34 países, incluíndo compañías como o American Ballet Theatre, Royal Ballet, Stuttgart Ballet, Ballet da Ópera de París, Royal Danish Ballet, A Scala, Wiener Staastoper Ballet, Boston Ballet entre outros e con solistas como Dáme Margot Fonteyn, Natalia Makarova, Carla Fracci, Cynthia Gregory, Marcia Haydee, Gelsey Kirkland, e Marianna Tcherkassky.
Ao retirarse dirixiu o Ballet de Monterrey, de Mississippi e o de Orlando.
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Fillo de Fernando Emiliano Bujones e Mary Calleiro Pumpido, filla de Pura Pumpido Manresa. Casou en 1980 con Marcia Kubitschek - filla do expresidente do Brasil Juscelino Kubitschek- e logo con María Arnillas, bailarina peruana a quen coñeceu en Stuttgart. Coa primeira tivo á súa filla, Alejandra Patricia Bujones Kubitscheck.
No ano 2009 estreouse un documental de Israel Rodríguez en homenaxe: The extraordinary life of Fernando Bujones.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- The Book: Fernando Bujones: An Autobiography.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dance. "Fernando".
- ↑ NYT. "Fernando Bujones, 50, International Ballet Star, Dies".
- ↑ Meisner, Nadine (14 de novembro de 2014). "Fernando Bujones. Ballet dancer of meteoric leaps and dazzling turns, prodigious technique and 'unforced clarity'". The Independent (en inglés).
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ Vaughan, David (24 de novembro de 2005). "Fernando Bujones.Pioneering American classical dancer widely respected as a teacher and director".
- ↑ Semiole. "Fernando Bujones: Portrait of the Artist". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2006. Consultado o 07 de abril de 2018.
- ↑ Herald. "Film celebrates life and career of dancer Fernando Bujones". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 07 de abril de 2018.