Fernando Fernández de Córdoba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1897 Madrid, España |
Morte | 28 de febreiro de 1982 (84 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor de cinema |
Fernando Fernández de Córdoba, nado en Madrid o 28 de novembro de 1897 e finado no mesmo lugar o 28 de febreiro de 1982, foi un actor español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou na carreira militar pero deixouna para dedicarse ao teatro. Debutou en 1919 na compañía de Manuel González e Carmen Muñoz e durante anos representou diversas obras até dar o paso ao cine. O primeiro filme no que participou foi Las de Méndez, un filme mudo de Fernando Delgado de 1927. Deuse a coñecer durante a Segunda República con filmes como Odio, Vidas rotas ou El genio alegre, cuxa rodaxe tivo que ser interrompida debido ao inicio da Guerra Civil.[2] E foi precisamente durante a contenda onde Fernández de Córdoba coñeceu a fama, pois era el o encargado de ler os partes de guerra que o bando nacional emitía por RNE, incluído o famoso último parte de guerra, emitido o 1 de abril de 1939 ás 22:30, que daba por rematada a guerra.[1][3]
Despois da guerra continuou co cine, converténdose nun dos actores secundarios máis habituais do cine de posguerra, aínda que tamén foi o protagonista dalgunhas producións como El famoso Carballeira, Sangre en la nieve ou El frente de los suspiros. A finais da década de 1950 deixa definitivamente a actuación para dedicarse á ensinanza e formación interpretativa. Dirixiu a Real Escuela Superior de Arte Dramático e logo viviu os seus últimos anos apartado de toda actividade profesional até a súa morte en 1982.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Falleció el actor Fernández de Córdoba, lector del último parte de la guerra civil". El País (en castelán). 2 de marzo de 1982. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ "Fernando Fernández de Córdoba". Enciclopedia del Cine Español (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ "75 aniversario del fin de la Guerra Civil Española". 20 minutos (en castelán). 1 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Fernando Fernández de Córdoba en IMDb (en inglés).