Saltar ao contido

Fernando Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando García Delgado»)
Modelo:BiografíaFernando Delgado
Nome orixinal(es) Fernando González Delgado Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Blas González Delgado Editar o valor en Wikidata
1 de febreiro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 2024 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Faura, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes Valencianas
13 de xuño de 2015 – 16 de maio de 2019
Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

Director Radio Nacional de España
1982, 1990 – 1986, 1991
Director Radio 3
1981 – 1981 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTorrecaballeros (pt) Traducir (–2024)
Faura (1996–2024)
Madrid (1971–1996)
Santa Cruz de Tenerife (1947–1971) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información - xornalismo (1965–1970) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura española, xornalismo, Spanish poetry (en) Traducir, xornalismo de opinión, radiojornalismo (pt) Traducir e política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Tenerife
Madrid
Valencia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, xornalista, xornalista de opinión, presentador de televisión, político, locutor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCortes Valencianas (2015–2019)
Grupo PRISA (1996–2005)
RTVE (1967–1996)
Prensa Ibérica
Pueblo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0216944 BNE: XX898565 Editar o valor en Wikidata

Fernando González Delgado, nado en Santa Cruz de Tenerife o 1 de febreiro de 1947[1] e finado en Faura (Valencia) o 18 de febreiro de 2024,[2] foi un xornalista e escritor canario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira profesional no diario El Día. Máis tarde pasou aos diarios Pueblo e Informaciones, onde se converteu en crítico literario.

O seu salto ao mundo da radio produciuse a través de Radio Nacional de España, onde ingresou por oposición en 1967. Co tempo, chegou a converterse no primeiro Director de Radio 3 (1981-1982) e da propia RNE en dúas ocasións: 1982-1986 e 1990-1991.

Baixo o seu primeiro mandato realizou unha profunda renovación en formatos e contidos e abandonaron a canle pública profesionais como Luis del Olmo, Jesús Quintero, Alejo García e Julio de Benito, sendo finalmente destituído por Pilar Miró. En 1986 foi nomeado membro do Consello de RTVE, a proposta do PSOE, cargo que ocupa ata 1990.

En 1991 pasa a ser Director de Tele-Expo, a canle televisiva da Exposición Universal de Sevilla de 1992. Unha vez finalizada a mesma, converteuse xunto a María Escario, no novo presentador dos Telediarios de TVE de fin de semana, en substitución de Rosa María Mateo.

En 1996, trala renovación do equipo directivo da canle foi relevado do seu cargo á fronte do informativo, e regresou á radio, incorporándose á Cadena SER, onde se fixo cargo do magazine A vivir que son dos días, un espazo sobre arte, cultura, lecer e actualidade, no que permanece ata 2005, cando decidiu abandonalo sendo substituído por Àngels Barceló despois de ter acadado o liderado de audiencia na súa franxa horaria.

En 2006, abandonou a radio definitivamente para adicarse á literatura.[2]

Malia nacer nas Canarias, enraizouse na Comunidade valenciana e viviu durante vinte anos en Faura.[3] Entre 2015 e 2019, foi deputado autonómico nas Cortes valencianas polo PSPV.[4] O presidente Puig, en 2021, nomeouno presidente do Padroado do Museo de Belas Artes de Valencia; cargo ao que renunciou dous anos máis tarde.[4]

Literatura

[editar | editar a fonte]

En 1976 publicou a súa primeira novela, Tachero e transcorrerían catro anos ata que aparecese a súa seguinte obra, Exterminio en Lastenia, de marcado carácter experimental.

En 1994 saíu á luz a que o autor considera a súa obra máis persoal, Háblame de ti, e un ano despois conseguiu o Premio Planeta co que é o ata o momento o seu libro máis vendido: La Mirada del otro.[4]

Non só escribiu novela. Tamén cultivou a poesía (Proceso de adivinaciones e Autobiografía del hijo) e o ensaio Cambio de tiempo (1994).

Libros publicados

[editar | editar a fonte]
  • Mísero templo (1972)
  • Tachero (1976)
  • Exterminio en Lastenia (1979)
  • Proceso de adivinaciones (1981)
  • Cuatro ejemplos para una nueva sociedad canaria (1985)
  • Háblame de ti (1994)
  • Génesis (1994)
  • Cambio de tiempo (1994)
  • Autobiografía del hijo (1995)
  • Ciertas personas (1996)
  • Escrito por Luzbel (1998)
  • No estabas en el cielo (1996)
  • Presencias de ceniza (2001)
  • Isla sin mar (2002)
  1. Aparicio, C. (18 de febreiro de 2024). "Políticos valencianos se despiden en las redes de Fernando Delgado". larazon.es (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Soto, Álvaro (18 de febreiro de 2024). "Muere a los 77 años el periodista y escritor Fernando Delgado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  3. Bono, Ferrán (18 de febreiro de 2024). "Muere el periodista y escritor Fernando Delgado a los 77 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 RTVE.es/Axencias (18 de febreiro de 2024). "Muere el periodista y escritor Fernando Delgado a los 77 años". rtve.es (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2024.