Saltar ao contido

María Escario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Escario

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Esperanza Rodríguez Escario Editar o valor en Wikidata
18 de decembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información - xornalismo (1977–1982) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estudios de Prado del Rey (2018–2024)
Torrespaña (RTVE) (1985–2018) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRTVE (1985–2024) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1400145 Editar o valor en Wikidata

María Esperanza Rodríguez Escario, nada en Madrid o 18 de decembro de 1959, é unha xornalista española, presentadora de Televisión Española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, e comezou a súa carreira profesional facendo vídeos didácticos para as escolas nunha produtora. No ano 1985 comezou a traballar en TVE, contratada por Pedro Erquicia. Nesta cadea ten presentado todas as edicións do Telediario, o programa 48 horas, con Andrés Aberasturi e o informativo Buenos días, con Pedro Erquicia.

María Escario é coñecida en boa medida pola súa ligazón estreita coa información deportiva. Presentou Estudio Estadio, Estadio 2 (domingo deporte) e desde 1986 aparece diariamente no noticiario chamado Telediario na primeira canle de televisión da Radio Televisión Española,[1] téndose a especializar, desde o ano 1989 en información deportiva.

Foi nomeada aos Premios ATV de 2002 como a Mellor Comunicadora de Programas Informativos polo seu traballo á fronte do noticiario Telediario.

En febreiro de 2012 foi internada no hospital por mor dun accidente vascular encefálico.[2][3]

En 2013 recibiu o Premio Ondas á mellor presentadora.

Desde setembro de 2014, coas mudanzas no equipo dos informativos de Televisión Española, María Escario marchou da sección deportiva do telediario, despois de case 30 anos en pantalla.[4] Desde setembro de 2014 Escario é responsable das reportaxes informativas relacionadas co mundo do deporte en '‘Enfoque’', a microsección incluída no Telediario da noite (TD2) de La 1 que aborda varios temas con máis profundidade.