Saltar ao contido

Fernando García del Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando García del Valle
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de agosto de 2011 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
1986 – 1987
← Mariano RajoyXosé Cuíña → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Fernando García del Valle, nado en Madrid en 1921 e finado en Vigo o 4 de agosto de 2011, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Física, fixo carreira como enxeñeiro. Chegou a Vigo na década dos 50. Foi presidente de Tecnaco e da conserveira Alfageme. Tamén foi conselleiro de Caixa de Aforros Municipal de Vigo e cónsul honorario de Chile en Galicia.

Presentouse á alcaldía de Vigo nas municipais de 1983 encabezando a candidatura da Coalición Popular, pero non logrou a alcaldía, quedando como xefe da oposición. En 1986 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra.


Predecesor:
Mariano Rajoy
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1986 - 1987
Sucesor:
Xosé Cuíña

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]