Fernando Hoyos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1943 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 13 de xullo de 1982 ![]() Huehuetenango, Guatemala (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade Pontificia Comillas ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Guatemala ![]() |
Ocupación | político , misioneiro ![]() |
Partido político | Exército Guerrilheiro dos Pobres (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús ![]() |
![]() |
Fernando Hoyos, nado en Vigo en 1943 e finado en Guatemala o 13 de xullo de 1982, foi un xesuíta que predicou e loitou en Guatemala seguindo a Teoloxía da liberación.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ordenouse xesuíta en 1960 e realizou estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía en universidades de Salamanca, Múnic, Lovaina e Comillas (Madrid).
Labor en Guatemala[editar | editar a fonte]
Xa formado na Teoloxía da liberación, chegou a Guatemala a comezos dos anos 70 e implicouse decididamente na solidariedade cun pobo privado de dereitos, masacrado polo Exército e en medio dunha pobreza e desigualdade extremas. O seu labor social e educativo deixou unha fonda pegada no país centroamericano. Acabou por se integrar no Exército Guerrilleiro dos Pobres (EGP) e morreu nun enfrontamento armado o 13 de xullo de 1982 sen que o seu corpo aparecese até o día de hoxe.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Revolucionarios
- Sacerdotes católicos de Galicia
- Teólogos católicos
- Xesuítas de España
- Guerrilleiros de Galicia
- Nados en Vigo
- Nados en 1943
- Finados en 1982
- Alumnos da Universidade de Salamanca
- Alumnos da Universidade de Múnic
- Alumnos da Universidade Católica de Lovaina
- Alumnos da Universidade Pontificia Comillas
- Misioneiros