Fernando IV de Habsburgo
Nome orixinal | (de) Ferdinand IV |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de setembro de 1633 Viena, Austria |
Morte | 9 de xullo de 1654 (20 anos) Viena, Austria |
Causa da morte | Varíola |
Lugar de sepultura | Cripta Imperial de Viena |
Rei Apostólico de Hungría | |
1647 – 1654 (finado no cargo) ← Fernando III de Habsburgo – Emperador Leopoldo I → | |
Príncipe elector | |
Actividade | |
Ocupación | político, monarca |
Partido político | politician before the emergence of political parties (en) |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Habsburgo |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Fernando III de Habsburgo e María Ana de Austria |
Irmáns | Leonor da Áustria, Rainha da Polónia Maria Ana Josefa de Áustria Mariana de Austria Emperador Leopoldo I Carlos José de Habsburgo |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) , (vol:6, p.190) |
Fernando IV da Casa de Habsburgo, nado en Viena o 8 de setembro de 1633 e finado o 9 de xullo de 1654, foi coroado rei de Bohemia en 1646, rei de Hungría e Croacia en 1647 e Rei de Romanos o 31 de maio de 1653.
Foi o primoxénito do emperador Fernando III de Habsburgo e da súa primeira esposa María Ana de Austria. Os seus avós maternos foron Filipe III de España e Margarida de Austria. Era o irmán máis vello de Mariana de Austria e Leopoldo I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando era novo, Fernando IV tomou o papel do seu pai como arquiduque de Austria.[1] En 1646, Fernando IV converteuse en rei de Bohemia, compartindo o papel co de duque de Cieszyn e co seu pai, o emperador Fernando III. Foi coroado o 5 de agosto de 1646.[2][3] Fernando IV tamén compartiu o papel de rei de Hungría e Croacia co seu pai; a súa coroación tivo lugar o 16 de xuño de 1647 en Pressburg, na actual Eslovaquia.[2]
Despois de que os franceses tentasen modificar o sistema de elección do rei dos romanos, o emperador Fernando III aproveitou un recente declive no prestixio de Francia, e puido instalar a Fernando IV como rei dos romanos, e herdeiro de facto do Sacro Imperio Romano Xermánico nas eleccións imperiais de 1653. Foi coroado en Ratisbona o 18 de xuño de 1653 despois de gañar o cargo o 31 de maio de 1653.[4] Porén, Fernando IV morreu inesperadamente de varíola en Viena o 9 de xullo de 1654. Antes da súa morte, estaba previsto que casase coa filla de Filipe IV de España, María Teresa de España, a súa curmá.[1] Á morte de Fernando III, Leopoldo I foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ferdinand IV: Vain hopes". habsburger.net. Consultado o 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Encyclopedia of chronology, historical and biographical". archive.org. Consultado o 2024.
- ↑ The Annals of Europe, or Regal Register; shewing the succession of the sovereigns, of Rome, Constantinople. G. Robinson. 1779.
- ↑ 4,0 4,1 Cooper, J. P. (1979). The New Cambridge Modern History: Volume 4, The Decline of Spain and the Thirty Years War, 1609-48/4. CUP Archive. p. 419.