Fernando Martínez González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1952 (72 anos) Vilalba, España |
Alcalde de Cerceda | |
1992 – febreiro de 1995 ← Jesús Orgeira Muíño – José García Liñares → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Fernando Martínez González, nado en Vilalba o 11 de novembro de 1952, é un economista e político galego do PSdeG-PSOE que foi parlamentario autonómico e concelleiro en Cerceda, sendo alcalde entre 1992 e 1995.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi apoderado de banca no Banco Central. Militou na UPG, ingresou no PSG en 1969 e posteriormente integrouse no PSdeG-PSOE. Afincado en Cerceda, foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1985. Así mesmo encabezou a candidatura socialista en Cerceda nas eleccións municipais de 1983, formando inicialmente parte da oposición ata que en decembro de 1985 o seu compañeiro Jesús Orgeira Muíño foi elixido alcalde e pasou a ocupar responsabilidades de goberno con este. Os socialistas revalidarían o goberno con maioría absoluta nas municipais de 1987 e 1991, con Orgeira á fronte. En xuño de 1992 foi elixido alcalde tras presentar unha moción de censura contra o alcalde co apoio de 5 concelleiros socialistas máis un do PP. Tras ser inhabilitado xunto con Orgeira a finais de 1994, en febreiro de 1995 delegou as súas funcións no tamén socialista José García Liñares, o cal encabezaría a candidatura socialista no mes de maio e lograría a alcaldía con maioría absoluta.
Predecesor: Jesús Orgeira Muíño |
Alcalde de Cerceda 1992 - 1995 |
Sucesor: José García Liñares |
Obras
[editar | editar a fonte]- Contos e lendas da Terra Chá.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, Mª Xosé (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 226–229. ISBN 84-7507-044-2.