Saltar ao contido

Fernando Ramallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Ramallo
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSociolingüística Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario, filólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1175669 BUSC: ramallo-fernando Dialnet: 270243

Fernando Ramallo Fernández, máis coñecido como Fernando Ramallo, nado en Vigo en 1965, é un profesor universitario e investigador galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo, Departamento de Tradución e Lingüística.[2] Foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa (2013-2019) e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2018-2022). Dedica a súa investigación á comprender as relacións lingua-política-sociedade, tomando como eixo os procesos de (des)minoración lingüística e as súas consecuencias.[1] Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese[3] Actos de fala, comunicación e mediación. Análise pragmática e sociolingüística dos procesos electorais na prensa galega (1977-1996) (2004, Universidade de Vigo).

Académico correspondente da Real Academia Galega (2012).

Ten colaborado en Grial, A Trabe de Ouro e revistas internacionais de lingüística.[4]

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do Mapa Sociolingïstico de Galicia (1995). RAG.
  • Publicidade e lingua galega: os consumidores ante o uso do galego na comunicación publicitaria e nas relacións comerciais (1995). Santiago de Compostela.
  • Vender en galego: comunicación, empresa e lingua en Galicia (1997). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
  • Manual de Ciencias da Linguaxe (2000). Vigo: Xerais
  • Bilingual socialization and bilingual language acquisition: proceedings from the Second International Symposium on Bilingualism (2002). University of Vigo.
  • Discourse and enterprise : communication, business, management and other professional fields (2006). Lincom Europa.
  • Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos (2007). Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • A planificación lingüística nos centros educativos (2008). Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia (2008). Consello da Cultura Galega.
  • Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias: actividades para a aula (2019). Xunta de Galicia.
  • Neohablantes de lenguas minorizadas en el Estado español (2019). Iberoamericana Vervuert.
  • Wugondisi ngu tidimi timbidi ditikoni da Mosambiki: ndzila ya magondiselo (2020). Universidade de Vigo.
  • En galego 24/7: guía práctica (2020). Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística.
  • Vudondrisi hi tindrimi tibidri tikweni dra Musambiki: xivaningelo xa vudondrisi (2020). Universidade de Vigo.
  • A reflexión sobre a lingua na sociedade: alén dun contido curricular, unha necesidade estratéxica: Propostas para a docencia (2023). Deputación Provincial de Pontevedra: Universidade de Vigo.
  1. 1,0 1,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-08-31. 
  2. "Ramallo Fernández, Fernando". Facultade de Filoloxía e Tradución. Consultado o 2023-08-31. 
  3. "Valentín García Gómez e Fernando Ramallo no Foro Mugardos Lingua e Sociedade Fundacion Carlos Casares". Consultado o 2023-08-31. 
  4. "Fernando Ramallo Fernández". Dialnet (en castelán). Consultado o 2023-08-31. 
  5. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-08-31. 
  6. López Alonso, Luís (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "Preguntas e respostas para unha emancipación sociolingüística". Grial LXII (241): 107. ISSN 0017-4181.