Fernando S. Valeiras Sotelo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1953 Cortegada, España |
Morte | 26 de xuño de 2022 (69 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario, artista |
Fernando Severino Valeiras Sotelo, nado en Cortegada o 20 de febreiro de 1953 e finado en Vigo o 26 de xuño de 2022, foi un pintor, escultor, poeta, músico e empresario galego. Nos seus últimos anos de carreira acuñou o pseudónimo de Dom Valeiras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa práctica estética afástase das inclusións en correntes ou tendencias oportunistas. Situado dentro do movemento surrealista, liderou proxectos de artes plásticas en Galicia, onde fundou e presidiu a Asociación de Artistas Plásticos de Vigo e Armo, pensadores e creadores contemporáneos. A súa traxectoria artística estivo acompañada de numerosos proxectos interdisciplinares. En 1980 funda e dirixe o hotel América en Mondariz Balneario, onde organiza o histórico concerto de presentación do primeiro disco de Golpes Bajos, así como o famoso concerto do grupo asturiano Los Ilegales. Pouco despois fundou a empresa Track, dedicada ao deseño de moda introducindo elementos de residuos industriais, foi pioneiro na creación de movementos artísticos e culturais en Galicia. Durante os anos 80 e 90 liderou os movementos pictóricos que reclamaban a creación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo na antiga prisión en ruínas da cidade de Vigo. A súa traxectoria defínese pola coherencia, a intensidade e o dominio sempre visceral na procura da expresión artística.