Fernando Schweitzer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1982 (42 anos) São Paulo, Brasil |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 1997 - |
Antonio Fernando Mello Schweitzer de Oliveira, coñecido profesionalmente como Nando Schweitzer, nado en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1982, é un actor naturalizado brasileiro e arxentino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De pai arxentino e nai pernambucana, Nando morou en São Paulo, São Miguel do Oeste e Córdoba, antes de establecerse en Florianópolis, en 1995. Nesa cidade estivo traballando como estatua viva e cantante.
Na actualidade é director teatral, cantante, compositor e profesor de teatro. No seu momento presentouse como candidato a concelleiro. Hoxe, afastado da política, dedícase tamén ao xornalismo, publicando artigos no Observatorio da Prensa, alén de asinar dúas columnas semanais sobre televisión no sitio Xornal Correo da Illa e no blog Brinco TV, foi tamén correspondente internacional en Buenos Aires de TV Magia.
O seu último espectáculo foi Juan e Marco, que estrenou en agosto de 2007. A temporada no Teatro Álvaro de Carvalho, de acordo co propio actor-director, foi cancelada por censura da dirección da casa, por mor das escenas de nudez que había na peza.[1]
A nova fase na Arxentina
[editar | editar a fonte]Despois dun período traumático logo da "censura boicot" do seu último traballo en Florianópolis, o artista só apareceu nun evento público como orador invitado e líder dun seminario, en conmemoración dos 10 anos da TV USP. No evento, o seu último evento público no Brasil, en conxunto cos especialistas Manoel Carlos Chaparro, xornalista e profesor de filosofía e Clóvis de Barros Filho, Ph.D. Profesor e conferenciante do Espazo ESPM Ética, ambos da Universidade de São Paulo, discutiu os límites da ética nos medios de comunicación e na televisión.
O 2 de febreiro de 2012, Fernando Schweitzer estrenou na lendaria Calle Corrientes, punto cardinal de grande importancia para o teatro de Bos Aires, coa peza Stand-up Comunidade. O traballo é considerado o primeiro stand-up da historia con personaxes só da Comunidade LGBT, que fora relatado no continente e, por suposto no ámbito comercial como de Calle Corrientes.
Carreira na televisión
[editar | editar a fonte]- Instinto Assassino (actuación), Discovery Channel
- Quem quer Casar com Meu Filho? (actuación), TELEFE
Carreira no cine
[editar | editar a fonte]- 2003: Mazzaropi: O Brasil é o meu público, documental (co-guionista, codirección e actuación)
- 2008: Identificados (actuación)
Carreira no teatro
[editar | editar a fonte]- 2012: Stand-UP Comunitário (texto final, dirección e actuación). Arxentina
- 2011: Juan & Marco (texto, dirección e actuación). Versión na Arxentina
- 2011: Besame Mucho, texto e dirección Manuel Dorribo (actuación). Arxentina
- 2008: Juan e Marco (texto, dirección e actuación).
- 2007: 10 x Comedia (texto adaptado de Roberto Vidal Bolaño, dirección e actuación).[2]
- 2006: Navalha na Carne, texto de Plínio Marcos (dirección e actuación).
- 2005: Bacallau Regado ao Viño (texto, dirección e actuación).[3]
- 2004: Mentiras Perigosas (texto, dirección e actuación).
- 2004: José Firmino, Do Ceará para o Mundo (texto, dirección e actuación).
- 2004: La Casa Tihuana (texto, dirección e actuación).
- 2003: A Tribo de Kerodon (texto, dirección e actuación).[4]
- 2003: Drogas tô Fóra, texto e dirección de Vera Costa (actuación).[5]
- 2003: Pequenitos e Pequenitas, de Vera Costa (co-autoría do texto e actuación).[6]
- 1996: A Revolta do Xoguetes, de Anna Bennedicta, adaptación e dirección de Vera Costa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Censura de Juan e Marco en Florianópolis, rexistrada por portal OhaYo e no xornal A Notícia Arquivado 21 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).
- ↑ Presentación de 10 x Comédia em Florianópolis Arquivado 20 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. no xornal A Notícia (en portugués).
- ↑ Presentación de Bacalhau Regado ao Vinho na UFSC (en portugués).
- ↑ Reestrea en 2003 de A Tribo de Kerodon Arquivado 15 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. no xornal A Notícia (en portugués).
- ↑ Presentación de Drogas Tô Fora Arquivado 10 de novembro de 2010 en Wayback Machine. no xornal A Notícia (en portugués).
- ↑ [1] Arquivado 10 de novembro de 2010 en Wayback Machine., [2] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Presentación de Pequenitos e Pequenitas no xornal A Notícia (en portugués).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]O artigo podería conter un exceso de ligazóns externas. Wikipedia non é un directorio de ligazóns. |
- Blog de Fernando Schweitzer (en castelán).
- Juan e Marco en São Paulo, rexistrada por Fator Brasil Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).
- Juan e Marco en Curitiba (en portugués).
- Páxina Oficial no Brasil (en portugués).
- Identificados
- Páxina Oficial da peza de teatro Juan & Marco
- Convite para o evento TV USP 10 anos, como palestrante
- Vídeo da palestra no evento TV USP 10 anos, como palestrante
- Sobre Stand-UP Comunitario en Alternativa Teatral (en castelán).