Saltar ao contido

Fernando Távora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Távora
Biografía
Nacemento(pt) Fernando Luís Cardoso Meneses de Tavares e Távora Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1923 Editar o valor en Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte3 de setembro de 2005 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Matosinhos, Portugal Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Coímbra
Universidade do Porto Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm6011178 BNE: XX1392601 WikiTree: Cardoso_Meneses_Tavares_Távora-1 Editar o valor en Wikidata

Fernando Luís Cardoso de Meneses e Tavares de Távora, nado no Porto o 25 de agosto de 1923 e finado o 3 de setembro de 2005 en Matosinhos, foi un arquitecto portugués residente no Porto, decano dos arquitectos portugueses.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fernando Távora foi un dos fundadores da chamada Escola arquitectónica do Porto, mestre de Álvaro Siza e Souto de Moura. Introduciu a partir dos anos 50 a arquitectura moderna en Portugal, cunha reflexión sobre o papel social da arquitectura, en oposición ás realizacións e ós discursos oficiais da época. Como creador dunha nova lóxica de construción, prestou sempre atención ás paisaxes orixinais, utilizándoas como datos culturais que deben ser integrados no diálogo coa construción final.

No ámbito pedagóxico contribuíu de forma moi significativa á consolidación do curso de Arquitectura da Escola de Belas Artes do Porto (máis tarde Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto) e do curso de Arquitectura do Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra, que axudou a construír ó final da década dos 80.

Existe un documental da RTP dedicado a súa persoa, con guión de António Silva e realización de Cristina Antunes.

Hoxe hónrase a súa memoria co Premio Fernando Távora de arquitectura.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]