Saltar ao contido

Fernando Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Vidal
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Deportivo da Coruña
14 de xaneiro de 2020 – 2 de agosto de 2021 – Antonio Couceiro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario (pt) Traducir, dirixente deportivo, deportista Editar o valor en Wikidata

Fernando Vidal Raposo, nado na Coruña o 20 de agosto de 1962, é un ex-deportista, empresario e dirixente deportivo galego.

Empresario dedicado á actividade portuaria, na súa xuventude foi xogador de balonmán e atleta, proclamándose en 12 ocasións campión galego de lanzamento de peso (catro en pista cuberta e oito ao aire libre). Tras a súa retirada continuou ligado ao deporte, sendo durante anos presidente do OAR A Coruña e durante algo máis dun ano entre 2020 e 2021, presidente do Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio coruñés das Atochas, sendo o menor de tres irmáns. Traballou durante anos no porto da Coruña e en 2001 converteuse no presidente de Maritime Global Service SL, unha empresa dedicada a prestar servizos á industria marítima e portuaria. Posteriormente pasou a ocupar tamén a presidencia da Asociación Española de Armadores e entrou no consello de administración de Ibaizabal Management Services.[1]

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Destacou no atletismo, formando parte durante unha década da sección de atletismo do Deportivo da Coruña, do que foi capitán ata a súa desaparición en 1988.[2] Proclamouse campión galego de lanzamento de peso doce veces, (catro delas en pista cuberta e oito ao aire libre, todas de xeito consecutivo) entre 1982 e 1989.[3][4]

Xogou tamén ao balonmán, pasando polo OAR A Coruña e o Xiria de Carballo, ata a súa retirada en 1994.[5][6]

Como dirixente deportivo

[editar | editar a fonte]

Anos despois volveu ao OAR como directivo e posteriormente converteuse no presidente do club. Durante a súa presidencia o equipo acadou os mellores resultados da súa historia e estivo a piques de ascender á liga ASOBAL.[7] En maio de 2007 deixou o cargo e foi nomeado presidente de honra do club.[8][9]

En xaneiro de 2014 entrou a formar parte do novo consello de administración do Deportivo da Coruña, presidido por Tino Fernández. Despois de case catro anos, presentou a súa dimisión en outubro de 2017, por diferenzas co resto do consello.[10]

En 2020 presentou a súa candidatura á presidencia do Deportivo, saíndo elixido co apoio de máis do 99% das accións representadas na Xunta de Accionistas.[11] Chegou á presidencia nun momento crítico para o club, ocupando a derradeira posición da Segunda División tras 22 xornadas. Entre as súas primeiras medidas, antes incluso de tomar posesión, estivo a contratación de Fernando Vázquez como novo adestrador.[12] Tamén chegou a un acordo con Abanca, para que dita entidade se convertese no máximo accionista do Deportivo, asumindo deste xeito a débeda que o club tiña co banco. A medida foi aprobada polos socios en xullo de 2020.[13]

No plano deportivo, o equipo tivo unha melloría inicial con Vázquez, chegando a encadear sete vitorias consecutivas, pero un mal final de tempada acabou por provocar na derradeira xornada o descenso do club á Segunda B catro décadas despois.[14] Con todo, Vidal renovou a Vázquez por outra tempada, mais Abanca acabou por pedir o despedimento do adestrador tras a xornada 8, na que o equipo perdeu contra o Celta B, a pesar de que os coruñeses ocupaban a segunda praza. Vidal defendeu o adestrador e mantívoo unha xornada máis, pero o equipo volveu caer derrotado, sendo cesado entón Fernando Vázquez e contratado como substituto Rubén de la Barrera.[15] O técnico coruñés só puido conseguir un punto nas seguintes tres xornadas, caendo varias posicións na táboa. Nese momento e a petición de Abanca, Fernando Vidal xunto ao resto do consello de administración, presentaron a súa dimisión.[16] Foi substituído por Antonio Couceiro.[17]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1993 con María Otero, neta do histórico futbolista Luis Otero, coa que tivo dous fillos.[1]

  1. 1,0 1,1 Centeno, Alexandre (14 de xaneiro de 2020). "Fernando Vidal, el lanzador que se forjó a sí mismo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  2. "Fernando Vidal, novo presidente do RC Deportivo". 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  3. "Campións galegos de atletismo en pista cuberta" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  4. "Campións galegos de atletismo ao aire libre" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  5. Miranda, Carlos (14 de xaneiro de 2020). "Fernando Vidal, la mano derecha a la que ya apuntan los focos". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  6. "«Con lo que le dan al básquet las instituciones, yo asciendo a la Asobal»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 23 de marzo de 2004. p. 41. 
  7. "El OAR homenajeará a Fernando Vidal antes del encuentro de esta tarde". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de maio de 2007. p. 38. 
  8. "El Oar regala a Fernando Vidal un triunfo frente al Cangas en su despedida como presidente". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 2007. p. 50. 
  9. "El Presidente de Honor del O.A.R. CORUÑA, D. Fernando Vidal y el exdirectivo D. Tino Fernández trabajarán por el futuro del R.C. Deportivo de La Coruña" (en castelán). 22 de xaneiro d e2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  10. "Fernando Vidal dimite por diferencias con el consejo de administración del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de outubro de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  11. "Apoyo mayoritario a Fernando Vidal, nuevo presidente del Deportivo" (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  12. "Fernando Vázquez, nuevo entrenador del Deportivo" (en castelán). 29 de decembro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  13. "Amplio respaldo a que Abanca pase a ser el accionista principal del Dépor" (en castelán). 29 de xullo de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  14. Pena, Héctor (20 de xullo de 2020). "O Deportivo descende a Segunda B e o Lugo salva a categoría". Nós Diario. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  15. "Fernando Vidal, Rodríguez Cebrián, Lendoiro, Abanca… Historia de un desencuentro" (en castelán). 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  16. "Fernando Vidal y el Consejo del Deportivo presentan su dimisión" (en castelán). 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  17. "Antonio Couceiro, novo presidente do Real Club Deportivo após dimitir o anterior Consello de Administración". 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 


Predecesor:
Paco Zas
 Presidente do Deportivo da Coruña 
2020–2021
Sucesor:
Antonio Couceiro Méndez