Ferrado
O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.
Características
[editar | editar a fonte]Inicialmente foi unha medida de superficie, non métrica, á que co tempo se lle foi atribuíndo unha equivalencia co sistema métrico decimal e equiparando a outras medidas de volume e masa.
- Superficie: segundo os lugares, oscila entre os catrocentos e os seiscentos metros cadrados, aínda que o seu valor pode ser moito máis variábel.
- Masa: medida para grans, legumes, sementes etc., de valor moi variábel segundo os lugares ou segundo o produto que se mida, que pode ir dos doce aos vinte quilogramos, e que corresponde habitualmente a dous tegos.
- Volume: medida para produtos agrarios que coincide coa medida dun caixón trapezoidal.
O valor do ferrado varía moito entre os distintos concellos de Galicia. Un ferrado galego equivale a un celemín de Castela, que abrangue 537 m2 de extensión.
A cantidade de centeo, millo ou trigo contida nun ferrado era o importe que pagaban os pais da Galicia rural por aprenderlle aos seus fillos a ler, escribir e contar nas chamadas, por esta causa, escolas de ferrado, comúns nas aldeas galegas ata os anos 50-60 do século pasado, cando se xeneralizou o ensino público e obrigatorio.
Cartografía metrolóxica
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- L. Dobao, X. Antón (1988). Vocabulario das pesas e medidas. Mellor en galego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Fonte.es". Acceso a unha calculadora que permite converter ferrados a metros cadrados ou hectáreas.
- "Medida dos ferrados entre concellos". edugaliza. 17.10.2002. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2010.