Saltar ao contido

Ferrari 342 America

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari 342 America

MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
FabricanteFerrari
PaísItalia Italia
Período
1952 
╴1953
Produción6 unidades
Configuración
ConfiguraciónTracción traseira, caixa de cambios manual de 4 velocidades
Tren motriz
MotorV12 de 60 graos de 4101 cc e 24 válvulas en posición dianteira
Potencia200 HP a 5000 rpm
Velocidade máxima186 km/h
Dimensións
Peso1.200 kg
Commons ] Wikidata ]

O Ferrari 342 America é un automóbil deportivo fabricado por Ferrari para o mercado estadounidense.

Para fins do ano 1952 o éxito de Ferrari espertou nos EUA o interese polos pequenos autos deportivos europeos de alto rendemento. Aínda que previamente se fabricara o Ferrari 340 America, o obxectivo deste foran as carreiras deportivas, e non a venda ao público. A repercusión fixo que Ferrari aproveitase o momento de expansión e crease un novo auto o Ferrari 342 America para o novo mercado estadounidense.

Para estes clientes, Ferrari concibiu un vehículo que debería ter maior habitabilidade no seu interior e máis practicidade, en definitiva, un deportivo para o seu uso en estrada. Porén, foi un dos fracasos de Ferrari o auto era malo en manobrabilidade e cun deseño forzado, polo que a produción do 342 America durou moi pouco. Entre fins de 1952 e inicios de 1953 fabricáronse tan só 6 autos, 3 foron coupe e 3 convertibles. O carroceiro Vignale construíu un cabriolet, os outros 5 foron fabricados por Pininfarina.

Un indicio do mal que resultou este modelo foi que Ferrari nunca o presentou oficialmente ao público. Simplemente vendérono en canto estiveron fabricados e con compradores decididos. E máis curioso aínda, só un exemplar do 342 America foi vendido a un cliente nos Estados Unidos.