Saltar ao contido

Ferreira de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFerreira de Castro

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Jose Maria Ferreira de Castro Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1898 Editar o valor en Wikidata
Oliveira de Azeméis, Santiago de Riba-Ul, Ul, Macinhata da Seixa e Madail, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xuño de 1974 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cerebrovascular Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElena Muriel (1938–1974), morte Editar o valor en Wikidata
ParellaDiana de Liz (1927–1930) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Феррейра ди Каштру Жозе Мария) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0207890 BNE: XX918933 Editar o valor en Wikidata

José Maria Ferreira de Castro, nado en Ossela, Oliveira de Azeméis, o 24 de maio de 1898 e finado no Porto o 29 de xuño de 1974, foi un escritor portugués.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Busto do autor de A Selva en Manaus

Foi o fillo máis vello de José Eustáquio Ferreira de Castro e de Maria Rosa Soares de Castro. Aos 8 anos ficou orfo de pai, un campesiño pobre e decide, aos 12 anos, emigrar coa intención de sustentar a familia. O 7 de xaneiro de 1911 embarcou no vapor "Jerôme" con destino a Belén do Pará, no Brasil[1]. Alí viría a publicar a súa primeira novela Criminoso por Ambição, en 1916.

Durante catro anos viviu no seringal Paraíso, en pleno bosque amazónico, xunto á marxe do río Madeira. Despois de partir do seringal Paraíso, viviu en precarias condicións, tendo que acudir a traballos como colar carteis, embarcadizo en navíos do Amazonas etc.

Máis tarde, en Portugal, foi redactor do xornal O Século, director do xornal O Diabo e colaborador das revistas O domingo ilustrado[2] (1925-1927), Renovação (1925-1926) e Ilustração (iniciada en 1926).[3][4] Ao servizo do xornal de Pereira da Rosa, asinou crónicas vibrantes, como o día en que se deixou prender no Limoeiro para testemuñar a vida dos reclusos nas cadeas portuguesas ou a súa entrevista exclusiva en Dublin con Eamon de Valera, líder do Sinn Fein en 1930.[5]

En 1930 publica A Selva, a obra que o tornaría un escritor de dimensión internacional, mesmo canditato a Premio Nobel. O libro recibe críticas positivas no The New York Times, ábrelle camiño en Hollywood e posibilítalle o ingreso no Pen Club francés. Nesa altura perde traxicamente a esposa, Diana de Liz, a quen dedicou o libro.

Tras o falecemento da esposa, Ferreira de Castro partiu para Inglaterra en barco, na compañía do escritor Assis Esperanza. Fica doente, con septicemia, mais é tratado polo médico e historiador de arte Reynaldo dos Santos. A consecuencia do estado de loito, en decembro de 1931 Ferreira de Castro tenta o suicidio sen éxito. Para convalecer parte para a Madeira, onde escribe a novela Eternidade (1933), cuxo tema é a obsesión pola morte.[6]

Ferreira de Castro ordenou o traslado dos ósos da esposa Diana e erixiulle un mausoleu.

Faleceu en 1974, pouco despois do 25 de Abril, chegando a desfilar no 1º de maio, Día do Traballador. Encóntrase enterrado en Sintra, polas súas expresadas ganas.[7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Diana de Liz, escritora, defensora da emancipación feminina, que morreu en 1930 por causas descoñecidas. Volveu a casar con Elena Muriel, pintora española refuxiada no Estoril. Con ela viviu 40 anos e tivo unha filla, Elsa Beatriz.

Relevancia da obra

[editar | editar a fonte]

Emigrante, home do xornalismo, mais sobre todo ficcionista, é hoxe en día, aínda, un dos autores portugueses con maior obra traducida en todo o mundo, podéndose incluír a súa obra na categoría de literatura universal moderna, precursora do neorrealismo, de escrita caracteristicamente identificada coa intervención social e ideolóxica. Unha das súas obras, A Selva, adaptouse ao cinema.[8]

Ferreira de Castro, unha das maiores figuras de sempre da cultura portuguesa, era un traballador incansábel, na certa acepción do termo. Non dispondo ou non querendo utilizar máquina de escribir e aínda a unha enorme distancia dos nosos computadores, véxase a montaña de papel que Ferreira de Castro, laboriosamente, escribiu, para producir unha das súas máis importantes obras: As Marabillas artísticas do mundo. En 1967 Ferreira de Castro doou a propiedade ao goberno autónomo, que se comprometeu, desde esa data, a mantela e conservala, proporcionando visitas guiadas a todos que o quixesen facer. A súa casa museo localízase na rúa Escritor Ferreira de Castro, en Ossela.[9]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Existe unha biblioteca e unha escola secundaria co seu nome en Oliveira de Azeméis e unha escola secundaria e un museo en Sintra.

  • Emigrantes (1928)
  • A Selva (1930)
  • Eternidade (1933)
  • Terra Fria (1934)
  • Pequenos Mundos, Velhas Civilizações (1937)
  • A Tempestade (1940)
  • A Volta ao Mundo (1940 e 1944)
  • A Lã e a Neve (1947)
  • A Curva da Estrada (1950)
  • A Missão (1954)
  • As Maravilhas Artísticas do Mundo (Vol. I) (1959)
  • As Maravilhas Artísticas do Mundo (Vol. II) (1963)
  • O Instinto Supremo (1968)

Obras da Adolescencia e Xuventude

[editar | editar a fonte]
  • Criminoso por Ambição (1916)
  • Alma Lusitana (1916)
  • Rugas Sociais (1917)
  • Mas ... (1921)
  • Carne Faminta (1922)
  • O Éxito Fácil (1923)
  • Sangue Negro (1923)
  • A Metamorfose (1924)
  • A Boca da Esfinge (1924)
  • Sendas de Lirismo e de Amor (1925)
  • O Drama da Sombra (1926)
  • A Epopeia do Trabalho (1926)
  • A Morte Redimida (1925)
  • A Peregrina do Mundo Novo (1926)
  • A Casa dos Móveis Dourados (1926)
  • O voo nas Trevas (1927)
  • Sim, uma Dúvida Basta (1936)- publicado en 1994
  • O Intervalo (1936)- publicado en 1974
  • Os Fragmentos (1974)
  1. Revista 25 de Abril n.º 12 (1976). A Emigração na Literatura Portuguesa (en portugués). 
  2. O domingo ilustrado : noticias & actualidades graficas, teatros, sports & aventuras, consultorios & utilidades (1925-1927) [copia dixital, Hemeroteca Digital] (en portugués)
  3. Jorge Mangorrinha (1 de Marzo de 2016). "Ficha histórica:Renovação : revista quinzenal de artes, litertura e atualidades (1925-1926)" (pdf) (en portugués). 
  4. Rita Correia (16 de xuño de 2009). "Ficha histórica: Ilustração (1926-)" (pdf) (en portugués). 
  5. Pereira, Gonçalo (terça-feira, julho 01, 2014). "ecosfera: O ‘furo’ de Ferreira de Castro nas terras dos Sinn-Fein". ecosfera (en portugués). Consultado o 2020-02-21. 
  6. Revista E n.º 2412 (19 de Janeiro de 2019). Sempre mais alto, ainda para além da morte, páx. 31. (en portugués)
  7. Ribeiro, Raquel. "Dois lugares para a memória de Ferreira de Castro". PÚBLICO (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-21. 
  8. "Cine: La selva". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2020-02-21. 
  9. Sistemas do Futuro. "Escritores a Norte". Escritores a Norte (en portugués). Consultado o 2020-02-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]