Ferrol Grotesco
Aparencia
Ferrol Grotesco | |
---|---|
Localidade | Ferrol |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ferrol Grotesco foi un semanario editado en Ferrol en 1919.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Semanario festivo que apareceu en setembro de 1919, fundado e dirixido por Joaquín de Arévalo Rodríguez, que tamén era o redactor e debuxante.[1] Joaquín de Arévalo intentou volvelo editar en 1925, pero o proxecto non foi adiante.[2]