Fervenza do Escouridal
Aparencia
Tipo | fervenza | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | O Pereiro, España e O Cadramón, España | |||
| ||||
A fervenza o Escouridal é unha fervenza situada no río Guilfonso, entre os concellos de Alfoz (parroquia do Pereiro) e O Valadouro (parroquia do Cadramón). Está entre as máis altas de Galicia, contando os varios tramos que a constitúen.
Características
[editar | editar a fonte]Ten acceso dende O Cadramón e dende O Pereiro, este máis curto (pouco máis de 3 km entre ida e volta) e doado, se ben o último tramo é cualificado na literatura como de dificultade media.
Forma parte do río Guilfonso, que logo dá nacemento ó río Ouro, estando situada a fervenza nas abas da serra do Xistral, unha zona de pluviosidade elevada. A parte central da fervenza ten 80 m de desnivel, se ben o conxunto achégase ós 150 m.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Panel informativo á vista da fervenza.
-
Panel informativo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Muñiz de las Cuevas, R.; Fontenla Cotelo, M. (2009). Guía das fervenzas de Lugo e Ourense. Vilaboa: Edicións do Cumio. p. 28-29. ISBN 978-84-8289-271-9.