Saltar ao contido

Fervenzas de Boali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°52′27″N 18°02′51″L / 4.87423, 18.04753

Fervenzas de Boali.

As fervenzas de Boali (en francés: Chutes de Boali) son unhas fervenzas que se atopan na prefectura de Ombella-M'Poko, na República Centroafricana, preto da localidade de Boali, no río Mbali. Teñen unha altura de cincuenta metros e constitúen un dos lugares turísticos máis famosos do país.[1] A enerxía das fervenzas foi explotada dende a década de 1950 para fornecer electricidade á cidade de Bangui.

As caídas de Boali, sobre un selo franco-africano debuxado e gravado por Charles Mazelin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sandrine Mbagna, RJDH, O sitio turístico da cidade de Boali en perigo de extinción Arquivado 11 de decembro de 2018 en Wayback Machine. [1] Arquivado 11 de decembro de 2018 en Wayback Machine., 2 de xaneiro de 2016