Festen
Festen | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Festen |
Director | Thomas Vinterberg |
Produtor | Birgitte Hald Morten Kaufmann |
Guión | Thomas Vinterberg Mogens Rukov |
Intérpretes | Ulrich Thomsen Henning Moritzen Thomas Bo Larsen Paprika Steen Birthe Neumann Trine Dyrholm |
Música | Lars Bo Jensen |
Fotografía | Anthony Dod Mantle |
Montaxe | Valdís Óskarsdóttir |
Estudio | Nimbus Film |
Distribuidora | Scanbox Danmark |
Estrea | Festival de Cannes: maio de 1998 |
Duración | 105 minutos |
Orixe | Dinamarca |
Xénero | Drama e comedia negra |
Orzamento | 1,3 millóns de dólares |
Na rede | |
Festen é un filme dinamarqués de 1998 dirixido por Thomas Vinterberg e producido por Nimbus Film. Foi o primeiro filme do movemento Dogma 95, creado por directores como Vinterberg e Lars von Trier.
Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 71ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Ademais, gañou o Premio do Xurado no Festival de Cannes de 1998.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Festen conta a historia dunha reunión de familia para celebrar o 60.º aniversario do pai. Durante a cea, o fillo máis vello acusa publicamente o pai de abusar sexualmente tanto del como da súa irmá xemelga, que recentemente se suicidou.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ulrich Thomsen como Christian Klingenfeldt-Hansen
- Henning Moritzen como Helge, o pai
- Thomas Bo Larsen como Michael, o irmán
- Paprika Steen como Helene, a irmá
- Birthe Neumann como Else, a nai
- Trine Dyrholm como Pia
- Helle Dolleris como Mette
- Therese Glahn como Michelle
- Klaus Bondam como Helmut von Sachs
- Bjarne Henriksen como Kim
- Gbatokai Dakinah como Gbatokai
Estilo
[editar | editar a fonte]Festen foi o primeiro filme do movemento Dogma 95 (o seu título completo en Dinamarca é Dogme #1 – Festen). Os filmes Dogma están rexidos por un manifesto que insiste en limitacións específicas de produción e narrativa, como a prohibición de calquera montaxe de son en posprodución, en parte como protesta contra o caro cinema de estilo Hollywood. O filme é de baixo orzamento e foi rodado cunha Sony DCR-PC3 Handycam en casetes Mini-DV estándar.[1]
Anos despois da realización do filme, Vintenberg falou sobre a súa inspiración: un mozo contou a historia nun programa de radio de Keld Koplev. A Vinterberg contoulla o amigo dunha enfermeira psiquiátrica que afirmaba que tratara o mozo. Escoitou o programa e pediulle ao guionista Mogens Rukov que escribise un gruión sobre os acontecementos,[2] como se fose a propia historia do mozo. Posteriormente revelouse que a historia fora fabricada completamente polo paciente mentres recibía coidados mentais.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IMDB Technical Specs: The Celebration (1998)".
- ↑ Christensen, Claus (18 de maio de 2003). "Der var engang en fest". Ekko. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2009. Consultado o 19 de agosto de 2009.
- ↑ Der var engang en fest (en dinamarqués)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 71ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Festen na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)