Festival Internacional de Cinema de Berlín
Aparencia
Coord.: 52°31′N 13°23′L / 52.52, 13.38
Festival Internacional de Cinema de Berlín | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | festival de cinema e evento anual ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Berlín ![]() | |||
| ||||
Data | ||||
Fundación | 6 de xuño de 1951 ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | berlinale.de ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Festival Internacional de Cinema de Berlín, tamén coñecido como Berlinale, é un prestixioso festival de cinema de carácter internacional que se celebra na cidade de Berlín, en Alemaña. A figura do premio consiste nun oso, sendo o forxado en ouro o que posúe maior valor. O Oso de Ouro e os Osos de Prata á mellor dirección e á mellor interpretación, tanto masculina como feminina, son entregados durante o mes de febreiro no Berlinale Palast. Tamén se concede o Oso de Ouro Honorífico, por toda unha vida de director, actor ou actriz.