Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016
A 69ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 11 até o 22 de maio de 2016.[1] O director australiano George Miller foi o presidente do xurado para a competición principal.[2] O actor francés Laurent Lafitte foi o presentador das cerimonias de apertura e de peche do festival. O 15 de marzo anunciouse que a directora xaponesa Naomi Kawase exercería como presidenta de Cinéfondation e do Xurado das curtametraxes.[3] O filme Café Society, do director estadounidense Woody Allen inauguou o festival.[4][5]
A Palma de Ouro recaeu sobre o filme británico Eu, Daniel Blake, dirixido por Ken Loach,[6][7] que tamén foi o filme que clausurou o festival.[8] Na conferencia de prensa, Loach dixo que estaba "bastante aturdido" por ter gañado.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cannes (ed.). "Cannes Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2017. Consultado o 27 de maio de 2017.
- ↑ Cannes Film Festival (ed.). "George Miller to preside the Jury of the 69th Festival de Cannes". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 2 de febreiro de 2016.
- ↑ Keslassy, Elsa. "Naomi Kawase to Preside Over Cannes Cinefondation, Short Film Jury". Consultado o 15 de marzo de 2016.
- ↑ Cannes (ed.). "Woody Allen's Café Society to open the 69th Festival International du Film". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2016.
- ↑ Variety (ed.). "Cannes: Woody Allen's Cafe Society to Open Film Festival". Consultado o 29 de marzo de 2016.
- ↑ The Guardian (ed.). "Cannes 2016". Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ Deadline (ed.). "Cannes Film Festival Winners: Palme d'Or To Ken Loach's 'I, Daniel Blake'". Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ The Hollywood Reporter (ed.). "'Money Monster,' 'The BFG,' 'The Nice Guys' Among Cannes 2016 Lineup". Consultado o 23 de maio de 2016.
- ↑ BBC News (ed.). "Cannes 2016: Ken Loach's I, Daniel Blake wins Palme d'Or". Consultado o 23 de maio de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016 |