Festival Internacional de Títeres de Redondela
Teatro de Ningures, Os cómicos dell'auto.[1] | |
Localización | Redondela |
Anos | |
Nº edicións | 25 (en 2024) |
Fundadores | |
Data | Maio |
Xénero | Monicreques |
Organizador | Xente Titiriteita Concello de Redondela |
Web oficial | https://www.fitredondela.com |
Na rede |
O Festival Internacional de Títeres de Redondela-Memorial Juanjo Amoedo é un festival cultural de arte, música e monicreques que se celebra no concello pontevedrés de Redondela dende o ano 2000. Está organizado pola Asociación Xente Titiriteira e conta co apoio do Concello de Redondela. Ao festival acoden compañías teatrais de diversos países do mundo, realizando espectáculos de monicreques de grande e pequeno formato ademais de teatro, música e audiovisual tanto no auditorio do Multiúsos da Xunqueira coma nas rúas e parques da vila.
Historia
[editar | editar a fonte]Malia que a primeira edición do festival foi no 2000, a finais dos 90 xa se tiveran feito varias xestións para a realización dun festival en Redondela que tivese coma protagonista os monicreques. Un dos seus principais creadores foi Juanjo Amoedo, que por aquel entón era o presidente da Asociación de Veciños de Redondela. Porén, Juanjo Amoedo nunca puido ver rematado o proxecto ao falecer nun accidente doméstico.[2] Meses despois, varios colectivos redondeláns continuaron o proxecto, e tras a creación da asociación Xente Titiriteira, no 2000 celebrouse a primeira edición do festival. O nome do festival foi escollido, así, coma xeito de conmemorar e recoñecer a Juanjo Amoedo no seu labor na creación do festival. Na edición do ano 2014, ademais, foi proxectado un documental sobre a vida de Juanjo Amoedo e a súa contribución ao festival.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]O evento, organizado pola Asociación Xente Titiriteira e pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela, celébrase a finais do mes de Maio nas prazas e parques do centro da vila e no Multiúsos da Xunqueira. Dende a súa primeira edición, contaron coa presenza de compañías de Alemaña, Arxentina, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Francia, Italia, México, Portugal, Reino Unido ou Rusia, entre moitos outros.[4] Na edición do 2011 superáronse os 30.000 asistentes[5].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teatro de ningures, Os cómicos dell'auto". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 16 de abril de 2014.
- ↑ Radio Redondela (ed.). "O Festival de Títeres abre a programación de sala co Documental Homenaxe a Juanjo Amoedo.". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 20 de maio de 2016.
- ↑ Faro de Vigo (ed.). "Un documental sobre Juanjo Amoedo abre el Festival de Títeres de Redondela.". Consultado o 20 de maio de 2016.
- ↑ "El Festival de Títeres lleva a Redondela espectáculos de quince compañías " Faro de Vigo 8/4/2012 (en castelán).
- ↑ Xente titiriteira
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival Internacional de Títeres de Redondela |