Saltar ao contido

Festival Intercéltico de Lorient

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Festival intercéltico de Lorient»)
Festival Intercéltico de Lorient
Kevrenn Alre, un grupo musical bretón.
Localización Lorient, Bretaña
Anos 1970 - presente
Nº edicións 35
Fundadores Polig Monjarret
Data Primeira semana de agosto
Xénero Música celta
Organizador
Web oficial http://www.festival-interceltique.bzh/
Na rede Twitter: FESTIVALLORIENT Youtube: UCil5GE1KSNbQMJ-6lN5oiiQ Editar o valor en Wikidata

O Festival Intercéltico de An Oriant (en bretón: Gouelioù Etrekeltiek An Oriant, en francés: Festival Interceltique de Lorient) é un festival de música celta que se celebra na cidade do mesmo nome, na Bretaña. O festival é un punto de encontro das nacións celtas, no que a cultura, música e tradicións dos diferentes países se dan cita. Ten lugar nos primeiros días de agosto e é o maior acontecemento destas características no mundo tendo unha duración de dez días.

Creouse en 1971 para acoller a competición nacional de bagad. Nos anos seguintes, deveu nun festival do interceltismo para diferenciarse doutros festivais semellantes da rexión. A partir de finais da década de 1990 converteuse nun dos festivais de música máis importantes de Francia por número de visitantes, acollendo a máis de 800 000 persoas e con 115 000 entradas vendidas no 2010.

A programación do festival está enfocada a concertos, espectáculos e danzas. Tamén é a sede de competicións musicais, como o campionato nacional de bagad, de bailes como os da federación War 'l leur. Tamén se organizan outros eventos como desfiles e actividades culturais. Ten unha importante influencia no territorio, tanto no eido económico coma no eido dos medios. O festival funciona como un actor cultural, permitindo a creación e a difusión da cultura da Bretaña e das nacións celtas.

As nacións participantes son: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Bretaña (Breizh), Gales (Cymru), illa de Man (Mannin), Cornualla (Kernow), Galicia e Asturias (Asturies). Dende o ano 2000, nomeado Ano do mundo celta vense engadindo representacións de países con forte emigración dos países celtas como EEUU, Australia, Nova Zelandia, Arxentina, México, e até Romanía e Italia.

Unha particularidade do festival é que cada ano está adicado a un país celta do mundo sendo en 2007 o ano de Escocia, o 2006 o de Australia e o 2005 o de Irlanda. No 2008 estivo adicado a Gales, no 2009 a Galicia e no ano 2010 á Bretaña.

O director artístico do festival é dende 2007 Lisardo Lombardía, que substituíu a Jean Pierre Pichard, creador do festival.

Escenarios

[editar | editar a fonte]
Actuación no festival

O festival ten varios escenarios principais pero trátase dunha manifestación tamén rueira. Durante os días que dura o festival a cidade enteira convértese nun escenario xa que é doado ver por diferentes sitios aos grupos actuando xa sexa na zona das tendas dos diferentes países, na rúa ou en bares.

Para os eventos máis formais emprégase o Palais de Congrès, Grand Théâtre ou Eglise Saint Louis.

Para os eventos máis multitudinarios emprégase o Parc de Moustoir, estadio de fútbol do Lorient F.C. cunha capacidade de 10.000 espectadores.

O Port de Pêche (Porzh Pesketa) é a zona do porto e é outro dos escenarios utilizados.

En total móntanse arredor de vinte escenarios por toda a cidade.

Programación

[editar | editar a fonte]

O festival compóñeno 4.500 artistas cantantes, bailaríns, artistas plásticos, universitarios e cineastas, de Escocia, Irlanda, País de Gales, de Cornualla, Illa de Man, Galicia, Asturias, a Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, Australia etc... Sendo visitado por 650.000 persoas[1]

  • A Cotriade ou Kaoteriad é o comezo do festival, consiste nunha comida de peixe cociñado ao estilo bretón que se celebra no Port de Pêche. Esta comida é acompañada por música tradicional mariña bretoa.
  • A Nuit Magique celébrase no estadio da cidade. Os grupos van saíndo ao escenario do centro facendo unha pequena función, rematando a noite todos xuntos no escenario do centro do estadio con fogos artificiais.
  • La Grande Parade das nacións celtas é un desfile que se efectúa polas rúas da vila na que os grupos de música e baile desfilan polas rúas cos seus traxes típicos. Celébrase o domingo pola mañá e participan uns 3.500 músicos, cantantes, bandas de gaitas e grupos de baile.
  • Campionato nacional de Bagadoù, trátase das finais e teñen lugar no Parc de Moustoir durante a primeira fin de semana do festival. Trátase dunha competición entra bandas de gaitas bretoas.
  • Durante tódalas mañá do festival celébranse clases de arpa, acordeón, gaitas etc.
  • Durante a tarde efectúanse centos de actuacións de música tradicional, folk ou baile.
  • A Nuit de Port de Pêche, o derradeiro sábado do festival é unha grande representación de música da Bretaña tanto tradicional como moderna.
  • Marché Interceltique ou Marc’had Etrekeltiek, é o mercado que durante todo o festival celébrase na cidade e na que se venden obxectos tradicionais de cada zona como pode ser bebida, música, comida, roupa, libros etc.
  • Neste evento outórgase o Trofeo MacCrimmon de Gaita, antes denominado Macallan, considerado como o premio máis prestixioso de gaitas galegas e asturianas.

País de honra

[editar | editar a fonte]
Lista de países de honra
Nacións Anos
Acadia 2004[2], 2012[2]
Asturias Asturias 1998[3], 2003[3], 2013[4]
Australia Australia 2006[5], 2016
Bretaña Bretaña 1999[6], 2010, 2020[7]
Escocia Escocia 1995[8], 2007[5], 2017
Galicia Galicia 1994[9], 2001[9], 2009[5], 2019[7]
Irlanda Irlanda 1996[10], 2005[5], 2014[11]
Gales Gales 1997[12], 2002[13], 2008[5], 2018[7]
Man Illa de Man 2015[14]
Cornualla Cornualla 2015[15]
Outros[16] 2000[17], 2011[18]

Cada ano dende 1994 unha nación celta é honrada. Galicia foi a primeira en verse beneficiada por este sistema de recoñecemento e distinción anual.[19] Dende 1998, que foi o ano de Asturias, a delegación convidada dispón dunha carpa propia, ademais dunha visibilidade máis importante dentro da promoción feita polo festival.[20]

Os países convidados son responsables da organización e do financiamento deste espazo, que dobra a maioría das veces o orzamento asignado á súa representación no festival. O Goberno de Escocia desembolsou uns 450 000 euros na súa carpa no ano 2007[21] e Acadia contou na edición de 2012 con 400 000 euros, dobrando os seus gastos anuais habituais.[22]

Artistas participantes en diferentes edicións

[editar | editar a fonte]
  1. Fonte: Festival de Lorient ano 2006
  2. 2,0 2,1 Gwen Rastoll, « Lorient. Festival interceltique : Dan Ar Braz et l'Acadie portent l'édition 2012 », dans Le Télégramme, 3 avril 2012, consulté sur letelegramme.com le 26 juillet 2012
  3. 3,0 3,1 Vincent Jarnigon, « Le Festival 2011 trop cher pour les Asturies » Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine., dans Ouest-France, 25 septembre 2010, consulté sur lorient.maville.com le 26 juillet 2012
  4. « Festival interceltique : les Asturies seront à l'honneur en 2013 », dans Le Télégramme, 7 août 2012, consulté sur letelegramme.com le 12 août 2012
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Chawax (9-4-2007). Terres Celtes. Le guide web des pays celtes, ed. "Le Festival Interceltique de Lorient". terresceltes.net (en francés). Consultado o 25-5-2016. 
  6. (Cabon 2010, p. 99)
  7. 7,0 7,1 7,2 ouest-france.fr, ed. (8 de agosto de 2017). "Interceltique à Lorient. En 2018, on fêtera le Pays de Galles". Ouest France. Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  8. (Cabon 2010, p. 86)
  9. 9,0 9,1 (Cabon 2010, p. 104)
  10. (Cabon 2010, p. 89)
  11. « Festival interceltique. Une gestion sur le fil », dans Le Télégramme, 13 mai 2012, consulté sur letelegramme.com le 12 août 2012
  12. (Cabon 2010, p. 92)
  13. [1] Article du 2 aout 2002
  14. "Festival Interceltique de Lorient" (en francés). agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 02 de febreiro de 2015. 
  15. "Festival Interceltique de Lorient" (en francés). agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 02 de febreiro de 2015. 
  16. Mundo celta en 2000 e á diáspora celta en 2011
  17. (Cabon 2010, p. 102)
  18. « Record d'affluence au Festival interceltique de Lorient », dans Le Monde, 16 août 2010, consulté sur lemonde.fr le 26 juillet 2012
  19. (Cabon 2010, p. 84)
  20. (Cabon 2010, p. 96)
  21. « Bilan positif pour le 37e Festival Interceltique de Lorient », dans An Tour Tan, 3 janvier 2008, consulté sur antourtan.com le 31 mars 2012
  22. « Suite de la love story breizho-acadienne en 2012 », dans Le Télégramme, 13 août 2011, consulté sur letelegramme.com le 31 mars 2012

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]