Polig Monjarret
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1920 Pabu, Francia |
Morte | 8 de decembro de 2003 (83 anos) Ploemeur, Francia |
Presidente Bodadeg ar Sonerion | |
1960 – 1982 ← Dorig Le Voyer – Martial Pézennec → | |
Datos persoais | |
Educación | Escola de Belas Artes de Rennes |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Membro de | Partido Nacional Bretón (1942–1943) |
Premios | |
|
Polig Monjarret, nado en Pabu o 31 de xullo de 1920, e finado en Ploemeur o 8 de decembro de 2003, foi un músico, coleccionista e membro do movemento bretón. Foi o creador da Bodadeg ar Sonerion, a principal asociación de música tradicional bretoa.
As actividades que levou a cabo estaban orientadas ó desenvolvemento do interceltismo, en particular mediante a promoción de acordos de irmandade entre as cidades e vilas da Bretaña, Irlanda e Gales. Ademais tivo un papel moi importante na creación do Festival Intercéltico de Lorient e doutros programas de intercambio cultural.
Interceltismo
[editar | editar a fonte]Galicia
[editar | editar a fonte]Tamén permitiu o desenvolvemento de intercambios culturais con Galicia despois da súa reunión coa Álvaro Cunqueiro en 1964.[1] Colaborou tamén na introdución do artista Carlos Núñez na Bretaña, cando o convidou a unirse unha noite a tocar xunto con Paddy Moloney dos Chieftains. Daquela, Núñez tiña 16 anos e estaba de paso no conservatorio de música tradicional de Ploemeur[2]. As súas contribucións valéronlle no 2012 a obtención da Orde da Vieira a título póstumo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ « Conférence : l'œuvre du Galicien Alvaro Cunqueiro - Lorient », dans Le Télégramme, 9 de novembro de 2011, consultado en www.ouest-france.fr le 2 aout 2012
- ↑ Chartier 2010, p. 557
- ↑ « La Galice honore des chercheurs bretons », dans Ouest-France, 3 de outubro de 2012, consultado en www.ouest-france.fr o 10 de outubro de 2012