Fidel Dávila Arrondo
Fidel Dávila Arrondo, primeiro marqués de Dávila, grande de España, nado en Barcelona o 24 de abril de 1878 e finado en Madrid o 22 de marzo de 1962, foi un militar español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Loitou na guerra hispanoamericana e na guerra do Rif. Participou na conspiración contra a Segunda República Española o no golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que provocou a Guerra civil española. Trala morte do xeneral Mola, foi nomeado Comandante en Xefe do Exército do Norte, ao mando do cal participaría nalgunhas actuacións destacadas da guerra, como a toma de Bilbao, a ofensiva de Aragón, a batalla do Ebro ou a ofensiva de Cataluña.
Foi membro da Junta de Defensa Nacional e posteriormente presidente da Junta Técnica del Estado (de orixe da administración pública na zona sublevada) e Ministro do Exército nos primeiros gobernos do xeneral Franco. Estivo casado coa burgalesa Teresa Jalón.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fidel Dávila Arrondo ![]() |
- Junta de Defensa Nacional
- Junta Técnica Estatal
- Batalla do Ebro