Filüksinos Yusuf Çetin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1954 (70 anos) |
Relixión | Igrexa ortodoxa siríaca e ortodoxia oriental |
Educación | St Cross College (en) |
Actividade | |
Ocupación | patriarchal vicar (en) |
Filüksinos, nado como Yusuf Çetin[1] (en siríaco: ܦܝܠܘܟܣܝܢܘܣ ܝܘܣܦ ܓܬܝܢ) o 20 de agosto de 1954 no distrito de Dargeçit (Mardin, Turquía) é un eclesiástico ortodoxo siríaco, vigairo patriarcal de Istambul e Ancara dende 1986.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 20 de agosto de 1954 no distrito de Dargeçit (provincia de Mardin),[2] e logo de completar na súa vila natal a súa educación, comezou estudos relixiosos e siríacos.[2] Despois de estudar no mosteiro de San Gabriel, foi ordenado sacerdote en 1971.[2]
En 1983 trasladouse a Damasco por invitación do patriarca Ignacio Zaqueo I Iwas, onde estudou Teoloxía no Seminario Teolóxico de Santo Efrén; ademais dos estudos teolóxicos, ampliou os seus coñecementos do siríaco, e estudou tamén árabe.[2] Logo de rematar os seus estudos aos tres anos, comezou a dirixir o propio seminario.[2]
O 28 de setembro de 1986 foi ordenado bispo polo patriarca Ignacio Zaqueo I, e foi nomeado vigairo patriarcal de Istambul e Ancara.[2]
Ten publicado poesía siríaca e estudos teolóxicos nas publicacións patriarcais, e tamén traduciu ao turco dende o siríaco algunhas vidas de santos.[2]
Reuniuse co papa Bieito XVI en 2006, con ocasión da súa visita a Turquía,[3] e tamén asistiu á misa celebrada polo pontifice na catedral do Espírito Santo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén citado como Philoxenos Yusuf Cetin, Philexinos Yusuf Cetin, Filuksinos Yusuf Çetyn.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Metropolit Filüksinos Yusuf Çetin" [Metropolita Filüksinos Yusuf Çetin]. İstanbul ve Ankara Süryani Ortodoks Metropolitliği (Metropolita ortodoxo siríaco de Istambul e Ancara) (en turco). Consultado o 5/12/2020.
- ↑ Ergün, Bülent; Toprak, Veli; Demir, Yusuf (30 de novembro de 2006). "Barış öpücüğü". Vatan (gazetevatan.com) (en turco). Consultado o 5/12/2020.
Papa, Ermeni Patrikliği’ni ziyaretinin ardından en son Musevilerin lideri Hahambaşı İshak Haleva ve Süryanilerin lideri Yusuf Çetin’le görüştü.
- ↑ González, Enric (2 de decembro de 2006). "El Papa deja Turquía con la esperanza de haber impulsado el diálogo y la comprensión con el islam". El País (en castelán). Consultado o 5/12/2020.
El último acto, antes de regresar a Roma, fue una misa en la catedral del Espíritu Santo, de rito latino, en la que participaron Bartolomé I (ortodoxo), Mesrob II (Patriarca de los armenios apostólicos) y Filuksinos Yusuf Cetin (Metropolitano de los sirio-ortodoxos).
Dignidades da Igrexa ortodoxa siríaca | ||
---|---|---|
Predecesor: Samuel Akdemir |
Vigairo patriarcal de Istambul e Ancara 1986 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |