Saltar ao contido

Filaret Vakhromeev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilaret Vakhromeev

(2009) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(be) Мітрапаліт Філарэт Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1935 Editar o valor en Wikidata
Moscova (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xaneiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Minsk (Belarús) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaZhyrovichy Monastery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arcebispo metropolitano
Member of the 12th convocation of the Supreme Soviet of the Byelorussian SSR (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa rusa Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow Theological Academy (en) Traducir (1957–1961)
Moscow Theological Seminary (en) Traducir (1953–1957) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónNikodim Rotov Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiVarfolomei Aleksandrovich Vakhromeev Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia Editar o valor en Wikidata

Filaret (en ruso: Филарет; en belaruso: Філарэт), nado como born Kirill Varfolomeevich Vakhromeev (en ruso: Кирилл Варфоломеевич Вахромеев) o 21 de marzo de 1935 en Moscova (RSFS de Rusia) e finado o 12 de xaneiro de 2021 en Minsk (Belarús), foi un bispo ortodoxo ruso, exarca patricarcal de Belarús dende 1989 até 2013.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 21 de marzo de 1935 en Moscova (RSFS de Rusia, Unión Soviética), fillo do musicólogo Varfolomei Vakhromeev. Logo de pasar un ano no seminario, en 1954 ingresou na Academia Teolóxica de Moscova. En 1959 foi tonsurado monxe, tomando o nome de Filaret. Dous anos máis tarde, doutorouse en Teoloxía pola Academia. Exerceu a súa labor en Misnk, Kaliningrado e Moscova. Segundo algunhas fontes, algún tempo antes de 1969 fora recrutado como axente polo KGB, co nome en clave de Ostrovsky.[1]

En 1978 foi nomeado metropolita de Minsk, e co colapso da Unión Soviética en 1989 foi nomeado exarca patriarcal de Belarús. Durante algún tempo foi tamén parte do Soviet Supremo da República Socialista Soviética de Belarús.

Renunciou ao cargo o 25 de decembro de 2013, e foi sucedido por Pavel Ponomarev.[2]

Finou o 12 de xaneiro de 2021, logo de ser hospitalizado por COVID-19.

Ecumenismo

[editar | editar a fonte]

Logo do seu pasamento, o cardeal Kurt Koch enviou unha carta de condolencias ao exarca patriarcal Vienijamin Tupieka. Koch dixo que Filaret deixara unha pegada significativa na vida da Igrexa en Belarús, contribuíndo a un renacemento da vida eclesial, e que tamén facilitara unha maior comprensión entre os cristiáns orientais e occidentais, e particularmente entre a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica.[3] O 15 de xaneiro de 2021 o arcebispo emérito de Minsk-Mahilioŭ Tadeusz Kondrusiewicz celebrou unha misa funeral por Filaret na catedral do Santo Nome de María de Minsk, que foi concelebrada polo visitador apostólico para os greco-católicos de Belarús Siarhiej Hajek; na homilía lembrouse que cando non había suficientes sacerdotes e igrexas católicas, Filaret autorizara aos sacerdotes ortodoxos a administrar a Eucaristía e a confesión aos fieis católicos.[4]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

En 2006 foi recoñecido co título de Heroe de Belarús polo presidente Aliaksandr Lukašenka.[5]

O 3 de maio de 2022 foi inaugurado un monumento a Filaret preto da catedral do Espírito Santo de Minsk.[6]

  1. Corley, Felix. "The Ostrovsky Files: Metropolitan Filaret of Minsk and the KGB" (en inglés). Consultado o 14/01/2025. 
  2. "Alexander Lukashenko sends greetings to new Metropolitan of Minsk and Slutsk, Patriarch Exarch of All Belarus Pavel". 28 de decembro de 2013. 
  3. Koch, Kurt (13 de xaneiro de 2021). "Letter of condolence to Metropolitan Veniamin on death of Metropolitan Philaret" (PDF). Dicasterio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns (christianunity.va) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29/07/2024. Consultado o 14/01/2021. 
  4. "У мінскай архікатэдры памаліліся за спачылага Мітрапаліта Філарэта". Catholic.by (en belaruso). 15 de xaneiro de 2021. Consultado o 15/01/2025. 
  5. "Награждения - Государственные награды Республики Беларусь". Arquivado dende o orixinal o 14/05/2011. Consultado o 15/01/2010. 
  6. "Lukashenko unveils monument to Metropolitan Filaret" (en inglés). 4 de maio de 2022.