Fillas de Cassandra
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | Artista |
Páxina web | fillasdecassandra.eu |
Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA[1] (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de MaríaSOA -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo.[2]
Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas nos cantos de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica. Propoñen un espectáculo teatral do que forma parte o público, sempre desde unha ollada feminista e actual e no que o piano e as percusións están apoiadas en bases electrónicas.[4]
Na tradición os temas están influenciados por Xosé Lois Romero e Aliboria, Leilía, Baiuca e Contrapunto das Tanxugueiras. Nas harmonías hai referentes do barroco e pola electrónica inflúen Rosalía ou a Bad Gyal.[5]
En 2022 estrearon o tema "Lisístrata" no Luar[6] e actuaron en escenarios de toda Galicia.
O seu primeiro disco, Acrópole (2023), semella unha obra de teatro clásico con heroínas mitolóxicas na que se achegan as mulleres do presente coas do pasado, as vivencias propias coas alleas.[2] Están Antígona, Pandora, Eco, as Moiras e as ninfas Dafne e Syrinx.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Discos
[editar | editar a fonte]- Acrópole (2023). Colaboración entre a produtora Tremendo Audiovisual e Luneda Producións. Producido por Berto (de Verto) ao abeiro da cooperativa cultural Nave de Lata.[3] Temas:
- I. ANTÍGONA.
- Da voz de Lisístrata.
- II. LISÍSTRATA (Varre Vasoira). Colaboración con Berto.
- III. PANDORA.
- IV. ECO.
- V. AS MOIRAS. Colaboración con Nadie González, Xiana Teixeiro, Berto.
- VI. DAFNE E SYRINX.
- Da voz de Cassandra.
- VII. CASSANDRA (Fillas de Cassandra).
- VIII. ACRÓPOLE. Colaboración con Berto.
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Tataravoa (7 de xullo de 2023). Colaboración con Galician Army.
- Tola (28 de xullo de 2023). Colaboración con Berto.
- canta miña sombra (negra sombra) (15 de setembro de 2023).
- Anguleele (31 de xaneiro de 2024). Colaboración con Zetak.[7][8]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2023: Premio aRi[t]mar á Mellor Música do Ano en Galicia en 2022.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ María Pérez
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "¿Quiénes son Fillas de Cassandra? - fantasticmag" (en castelán). 2023-03-13. Consultado o 2023-04-04.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 G. Liste, Ana. "Fillas de Cassandra: «Queremos permitirnos errar»". Vinte. Consultado o 2023-04-04.
- ↑ "Fillas de Cassandra – Tremendo Audiovisual". Consultado o 2023-04-04.
- ↑ "Fillas de Cassandra: «A música tradicional está de moda»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-09-14. Consultado o 2023-04-04.
- ↑ "Fillas de Cassandra traen o seu tema 'Lisístrata' para facernos bailar CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-04-04.
- ↑ "Fillas de Cassandra e ZETAK estrearon o videoclip de 'Anguleele'". agalegaaudio.gal. Consultado o 23 de febreiro de 2024.
- ↑ "Fillas de Cassandra e ZETAK estrean este mércores 31 o videoclip de ‘ANGULEELE’". zoompontevedra.es. 30 de xaneiro de 2024. Consultado o 23 de febreiro de 2024.
- ↑ "(Vídeo) Fillas de Cassandra gaña o VIII premio aRi[t]mar a Mellor Música do Ano en Galicia en 2022". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-04-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Canle de You Tube de Fillas de Casandra
- Web oficial Arquivado 04 de abril de 2023 en Wayback Machine.