Finschhafen
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Reinos da Commonwealth | Papúa-Nova Guinea | |||
Provincia | Morobe | |||
Capital de | Nova Guinea alemá (1885–1891) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.240 (2013) | |||
Creación | 1885 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Finschhafen, tamén coñecida como Finschafen e Finschaven, é unha cidade e capital de distrito, situada no arrecife coralino da costa nordeste de Papúa-Nova Guinea, a 80 km ao leste de Lae, a capital da provincia de Morobe.
O distrito de Finschhafen está composto por cinco áreas de "goberno local" (áreas de goberno de nivel local), que se diferencian en rurais e urbanas.[1] O distrito cobre aproximadamente 2 771 km², e en 2003 tiña unha poboación de 45 287 habitantes.[2] A poboación da cidade nese ano era de 1 240 habitantes.[Cómpre referencia]
Historia
[editar | editar a fonte]A rexión onde se asenta foi cartografada polo navegante británico John Moresby entre 1873-1874.[3]
O porto natural foi descuberto en 1884 polo científico e explorador alemán Otto Finsch, ao que e cidade debe o seu nome.[3].
A cidade fundouse en 1885 como parte da colonia da Nova Guinea alemá e, a finais dese ano, no porto estableceuse un asentamento da Compañía de Nova Guinea (Neuguinea-Kompagnie). Dese 1886 a 1891, Finschhafen foi a capital da Compañía. En 1891, o asentamento foi abandonado debido a que unha epidemia de malaria provocou que a cidade fose abandonada polos donos das plantacións alemás e os funcionarios do goberno; a epidemia causou a morte do director xeral da Compañía. Só dez anos despois, en 1901, restableceuse.[3][4]
En xullo de 1886, tres misioneiros neoluteráns asentáronse na zona, creando unha misión,[3] en Simbang, preto de Finschhafen.[4] Desde a época colonial alemá en Nova Guinea, aínda existe a Sociedade Misioneira da Igrexa Luterana Evanxélica de Papúa-Nova Guinea. En Butaweng, Finschhafen, o "Brown Memorial Hospital", dirixido pola Igrexa Evanxélica Luterana de Papúa-Nova Guinea, está operando desde 1974.
De 1908 a 1910, o médico de Berlín Neuhauss Richard realizou investigacións no golfo de Huon e realizou 139 gravacións musicais en fonógrafos, a maioría entre os pobos da zona en torno a Finschhafen. As gravacións sobreviventes documentan unha parte da música de Nova Guinea que case non foi influída pola misión cristiá.[5]
Finschhafen foi ocupada polo Exército Imperial Xaponés o 10 de marzo de 1942 durante a segunda guerra mundial. Forzas australianas recapturaron a cidade durante a campaña da península de Huon o 2 de outubro de 1943, durante a batalla de Finschhafen.[Cómpre referencia]
Durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén se coñeceu como Fitch Haven por algúns homes da Mariña estadounidense.[6]
O 2 de febreiro de 2012, o barco de pasaxeiros MV Rabaul Queen, que levaba 350 ou máis pasaxeiros a bordo, afundiu a nove millas da cidade, morrendo seis persoas, resultando feridas sete, e deixando máis de 300 desaparecidos.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ National Statistical Office of Papua New Guinea
- ↑ Situational Analysis for Strategic Planning at District Level, Morobe Province National AIDS Council Papua New Guinea, 2005, ISBN 9980-86-010-3, p. 153.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Finschhafen". Encyclopædia Britannica. Consultado o 9 de xuño de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Deutsches Kolonial-Lexikon (1920), Volume I, p. 626 Arquivado 07 de marzo de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ Dieter Christensen (1957): Die Musik der Kate und Sialum. Beiträge zur Musik Neuguineas. Freie Universität Berlin.
- ↑ Ensign N. T. Shows, Jr. "World War II Journal of Ensign N. T. Shows, Jr.". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 09 de xuño de 2019.
- ↑ Updated at 10:23 pm on 5 February 2012 (5 de febreiro de 2012). "Radio New Zealand : News : World : Official death toll in PNG ferry sinking climbs to 6". Radionz.co.nz. Consultado o 9 de xuño de 2019.