Saltar ao contido

Firewire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Firewire é un sistema de conexión entre equipos informáticos, fundamentalmente entre CPU e periféricos, que permite unha alta taxa de intercambio de datos (ata 800 Mbits/segundo). Tamén coñecido coma IEEE 1394 ou i.Link. Foi deseñado por Apple Inc.

O Firewire foi inventado por Apple Computer a mediados dos 90 para logo converterse no estándar multiplataforma IEEE 1394. A primeiros deste século foi adaptado polos fabricantes dos periféricos dixitais ata converterse nun estándar establecido. Sony usa o estándar IEEE 1394 baixo a denominación i.Link, que segue os mesmos estándares pero só usa 4 conexións das 6 dispoñibles na norma IEEE 1394, suprimindo as conexións encargadas de proporcionar enerxía ó dispositivo, que terán que proverse dela mediante unha toma separada.

Características

[editar | editar a fonte]
  • Elevada velocidade de tranferencia de información.
  • Flexibilidade da información.
  • Capacidade dun máximo de 63 dispositivos.

A súa velocidade fai que sexa o interface máis usado para o son e vídeo dixital. Así, úsase moito en cámaras de vídeo, discos duros, impresoras, reprodutores de vídeo dixital, sistemas domésticos para o lecer, sintetizadores de música e escáneres.

Hai dúas versións:

  • Firewire 400: Ten un ancho de banda 30 veces maior co USB 1.1
  • IEEE 1394b, FireWire 800 ou FireWire 2: Duplica a velocidade do firewire 400. Así, para usos que requiran a transferencia de grande volume de información, resulta moi superior ao USB.

De arquitectura altamente eficente, o IEEE 1394b reduce os atrasos na negociación, grazas a 8B10B (código que codifica 8 bits en 10 bits), que foi desenvolto por IBM e que permite as suficientes transicións de reloxo, a codificación de sinais de control e detección de erros. O código 8B10B é similar ó 4B5B de FDDI, o cal non foi adoptado debido ao pobre equilibrio de corrente continua , que reduce a distorsión do sinal e aumenta a velocidade de transferencia. Proporciona, polo tanto, unha mellor vivenza como usuario.

  • Da igual como conectes os teus dispositivos entre eles, o Firewire 800 funciona á perfección. Por exemplo, poden incluso conectar ó teu Mac a cadea de dispositivos Firewire 800 polos dous extremos para maior seguridade durante acontecementos en directo.
  • Compatibilidade retroactiva. Os fabricantes adiantaron o Firewire para unha ampla gama de dispositivos, como videocámaras dixitais, discos duros, cámaras fotográficas dixitais, son, impresoras, escáneres e electrodomésticos para o lecer. Os cables adaptadores para o conector de 9 contactos de Firewire 800 permiten utilizar produtos Firewire 400 no porto Firewire 800, xa que este último comparte as revolucionarias prestacións do Firewire 400.
  • Flexibilidade nas opcións de conexión. Conecta ata 63 ordenadores e dispositivos a un único bus, podendo incluso compartir unha cámara entre dous PCs Macs
  • Distribucións no movemento fundamental para aplicacións de son e vídeo onde un fotograma que se atrasa perde a sincronización, arruina un traballo firewire pode garantiza unha distribución de datos en perfecta sincronía
  • Alimentación polo bus. Mentres que o USB 2.0 permite a alimentación de dispositivos sinxelos e lentos que consomen un máximo de 2'5W, como un rato. Os dispositivos firewire poden proporcionar ou consumir ata 45W, máis que suficiente para discos duros de alto rendemento e teríamos carga rápida.
  • Son conexións de "enchufalos e listo" (Plug and Play), é dicir: non tes máis que enchufar o dispositivo para que funcione.

Vantaxes de firewire

[editar | editar a fonte]
  • Alcanza unha velocidade de 400 megabits por segundo
  • É ata catro veces máis rápido ca unha rede Ethernet 100Base-T e 40 veces máis rápido ca unha rede Ethernet 10Base-T.
  • Soporta a conexión de ata 63 dispositivos con cables dunha lonxitude máxima de 425 cm.
  • Non é necesario apagar o escáner ou unha unidade de CD antes de conectalo ou desconectalo, e tampouco require reiniciar o ordenador.
  • Os cables FireWire conéctanse moi facilmente: non requiren números de identificación de dispositivos, conmutadores DIP, porcas, peches de seguridade nin terminadores.
  • FireWire funciona tanto con Macintosh como con PC.
  • FireWire 400 envía os datos por cables de ata 4,5 metros de lonxitude. Mediante fibra óptica profesional, FireWire 800 pode distribuír información por cables de ata 100 metros, o que significa que poderás enviar o contido dun CD ata a outra punta dun campo de fútbol cada dez segundos. Nin sequera necesitas ordenador ou dispositivos novos para alcanzar estas distancias. Sempre que os dispositivos se conecten a un concentrador FireWire 800, podes enlazalos mediante un cable de fibra óptica supereficiente.

Edición de vídeo dixital

[editar | editar a fonte]

A edición de vídeo dixital con FireWire permitiu que tivera lugar unha revolución na produción de vídeo con sistemas de escritorio. A incorporación de FireWire nas cámaras de vídeo de baixo custo e elevada calidade (ambas cousas non acostuman ir xuntas) permite a creación de vídeo profesional en Macintosh ou PC. Atrás quedan as carísimas tarxetas de captura de vídeo e as estacións de traballo con dispositivos SCSI de alto rendemento. FireWire permite a captura de vídeos directamente das novas cámaras de vídeo dixital con portos FireWire incorporados no sistema analóxico mediante conversores de son e vídeo a FireWire.

Redes IP sobre FireWire

[editar | editar a fonte]

Como explican en Apple, "con este software instalado, pódese usar entre ordenadores Macintosh e periféricos os protocolos IP existentes, incluíndo AFP, HTTP, FTP,SSH etc. En tódolos casos, pódese usar Rendezvous para a súa configuración, resolución de nomes e descubrimento." Se unimos a posibilidade de usar as conexións FireWire para crear redes TCP/IP ás presentacións de FireWire 2 (FireWire 800), temos razóns moi serias para que Apple recupere rapidamente a atención dos fabricantes de periféricos para satisfacer as necesidades dos usuarios de aplicacións que requiren un gran ancho de banda en redes locais, como todas as relacionadas co vídeo dixital. Por non falar de introducirse nun posible mercado novo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]