Saltar ao contido

Firhill Stadium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Firhill Stadium
Firhill Stadium
Datos
Coordenadas55°52′54″N 4°16′11″O / 55.881556, -4.269639
LocalizaciónGlasgow, Escocia
Construción
Inauguración1909
Estadio
SuperficieCéspede natural
Capacidade10.921
PropietarioPartick Thistle F.C.
LocalíaPartick Thistle F.C. (1909-presente)
Clyde F.C. (1986-1991)
Hamilton Academical F.C. (1994–97 e 1999–2001)
Glasgow Warriors (2005–06 e 2007–presente)
editar datos en Wikidata ]

O Firhill Stadium ou Firhill Arena (coñecido anteriormente tamén baixo o nome Firhill Park, mais comunmente coñecido coma Firhill) é un estadio de fútbol e rugby da cidade de Glasgow, Escocia. É o estadio no que actualmente disputan os seus partidos como locais o equipo de fútbol Partick Thistle F.C. e o de rugby Glasgow Warriors. O estadio ten unha capacidade para preto de 11.000 espectadores.

No pasado foi a casa temporal doutros dous equipos de fútbol, o Clyde e o Hamilton Academical.

Firhill é a casa do Partick Thistle dende 1909, que se viu forzado a abandor o seu anterior estadio de Meadowside un ano antes. O estadio fufriu unha remodelación en 1927, un ano antes o estadio acollera o seu únicoa partido internacional ata agora, fronte a Irlanda.

European Football

[editar | editar a fonte]

Firhill acolleu o seu primeiro partido da Copa de Europa, e primeiro de Glasgow na competición, cando o Djurgardens sueco xogou o seu partido como local no estadio escocés fronte ao Hibernian en 1955. O equipo sueco disputou este partido en Firhill debido ás condicións de frío en Suecia no tempo do partido.

Rugby Union

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2005, Firhill converteuse tamén na casa do equipo profesional de rugby de Glasgow, o Glasgow Warriors, cando se trasladaron dende a súa anterior casa en Hughenden Stadium. Logo de retorno a Hughenden en 2006, os Warriors retornaron a Firhill ao principio da tempada 2007-08. En abril de 2009 ampliábase cinco anos máis a localía dos Warriors no estadio.

Rugby League

[editar | editar a fonte]

En 1996, Firhill foi a casa da Selección de rugby de Escocia da modalidade de rugby league no seu primeiro partido como local cunha vitoria fronte ao equipo irlandés. O rugby league é un deporte minoritario en Escocia, mais volveu a este estadio na Rugby League World Cup 2000.