Saltar ao contido

Fleet Street

A Fleet Street en 2005.

Fleet Street é unha rúa en Londres, Inglaterra, bautizada en homenaxe ao río Fleet. Foi a sede da prensa británica até á década de 1980. Mesmo despois de que o último gran representante dos medios, a Reuters, deixase a zona en 2005, o nome da rúa continúa a ser usado como unha metonimia para a prensa nacional británica.

A primeira tipografía de Inglaterra foi instalada aquí a finais do século XV por un asistente de William Caxton. En 1702, o primeiro xornal, The Daily Courant, foi publicado na Fleet Street - a súa localización era conveniente tanto en relación á City canto a Westminster, principais fontes de novas. Dende entón, Fleet Street pasou a ser o centro da industria editorial de Londres. As rotativas baixo as oficinas do diario foron abandonadas en 1987, cando a nova tecnoloxía permitiu producir xornais lonxe do centro, en áreas como Wapping e Docklands.

Os dramaturgos Shakespeare e Ben Jonson eran fregueses da vella Mitre Tavern, hoxe no n.º 37.

Na esquina ao nordeste da rúa hai un busto do escrito Edgar Wallace,[1] que traballara alí para o Daily Mail antes de acadar sona internacional como autor e guionista.

  1. Weinreb, Ben; Hibbert, Christopher; Keay, Julia; Keay, John (2008). The London Encyclopaedia. Pan MacMillan. ISBN 978-1-4050-4924-5. (p. 875).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]