Flevopolder
Tipo | Pólder Illa artificial | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Lake Flevo (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Flevoland, Países Baixos | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 970 km² | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1950 | |||
Flevopolder é unha superficie de varios pólders en terras gañadas ao mar situada na provincia de Flevoland nos Países Baixos. Flevopolder componse de dous pólders, o pólder meridional (Zuidelijk) drenado e construído en 1968 e o oriental (Oostelijk) finalizado antes en 1955. A diferenza doutros pólders, Flevopolder está rodeado completamente por auga, polo cal pode dicirse que é unha illa, ás veces é considerada a illa artificial máis grande do mundo.[1] Flevopolder xunto co Noordoostpolder, forman a provincia de Flevoland xa que esta está feita enteiramente de pólders.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome de "Flevopolder" tómase do antigo lago Flevo que foi secado enteiramente pola construción de terras gañadas ao mar. Actualmente o Flevopolder sitúase nunha gran parte do orixinal lago Flevo.
Fontes fluviais
[editar | editar a fonte]Flevopolder está completamente rodeado por auga, bañado polos lagos de Ketelmeer, Vossemeer, Drontermeer, Veluwe, Wolderwijd, Nuldernauw, Nijkerkernauw, Eemmeer, Gooimeer, Markermeer, IJmeer e o IJsselmeer
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dutch Flevoland - The Largest Man-Made Island". www.tourism-review.com. 28 de abril de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Flevopolder |