Saltar ao contido

Flocos.tv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FlocosTV»)

Flocos.tv foi unha páxina web posta en marcha pola Axencia Audiovisual Galega, baixo o patrocinio de Manolo González e Xurxo González, na que se albergaba unha boa mostra do audiovisual feito en Galicia, tanto por profesionais coma por afeccionados. O seu antecesor, teutubo.tv, presentouse no marco do Festival Play-Doc de Tui. Flocos.tv comezou a funcionar o 12 de decembro de 2008 con vinte e cinco curtametraxes,[1] e chegou a recompilar máis de trescentas producións,[2] entre curtas, mediametraxes e longametraxes. A finais de febreiro de 2011 pechouse a páxina.

En marzo de 2012 volveu abrir, esta vez so o nome de Canle.tv, nun novo enderezo web,[3] e dirixido desde a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), que fora creada en 2008 para substituír a Axencia Audiovisual Galega.[4]

Rede social[editar | editar a fonte]

Ademais de ver os vídeos, era posible rexistrarse coma usuario para comentar e seleccionar as obras favoritas. O seu funcionamento era o dunha rede social,[5] co ánimo de promover a interacción entre os usuarios, así coma a súa difusión noutras redes coma Facebook, Chuza ou MySpace. Esta actividade reflectíase nunha listaxe que recollía as obras máis vistas, máis comentadas, e as que máis xente seleccionou coma favoritas. A páxina recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor obra interactiva na súa edición do 2008.[6]

Seccións[editar | editar a fonte]

  • Ficción.
  • Animación
  • Documental
  • Experimental
  • Adiantos, onde se anunciaban as próximas películas que se ían a colgar na páxina

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nace Flocos.tv, o portal para difundir producións galegas", artigo en La Voz de Galicia, 9 de decembro de 2008.
  2. 327 o 17/05/2009.
  3. Enderezo web actual: http://canletv.agadic.info/ Arquivado 16 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  4. "Cronoloxía (2005-2015)". Novo Cinema Galego. O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza. 
  5. O audiovisual galego xa ten a súa rede social
  6. Gañadores dos Premios Mestre Mateo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]