Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, participou na formación de cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Foi director do I.F.P Allariz (1979-1982), onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia, da Videoteca de Galicia (1984-1985) e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998). Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a TVG. Levou a cabo traballos de investigación sobre a historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América.