Flor española
Aparencia
Flor española é unha forma característica dalgunhas moedas contemporáneas, definida por amosar un canto liso no que se alternan unhas canles ou amosegas que configuran seccións iguais do canto.[1][2]
Orixe
[editar | editar a fonte]O nome débese á súa aprencia de pétalos dunha flor e ao feito de que a primeira moeda con esta forma fose a española de 50 pesetas emitida entre 1990 e 2000. No caso desta moeda, as canles dividían o canto en sete seccións iguais.[1][2]
Esta forma foi asumida posteriormente pola Unión Europea para as moedas de vinte céntimos de euro da Eurozona,[1][3] como sistema de axuda para que as persoas con deficiencia visual poidan recoñecer con facilidade moedas de tamaños próximos.[2][4]
Moedas coa forma da "flor española"
[editar | editar a fonte]- España: 50 pesetas (1990-2000).
- Eurozona: 20 céntimos (desde 1999).[5]
- Acerbaixán: 10 qəpik (desde 2006).[6]
- Casaquistán: 200 tenge (2020).[7]
- Fidxi: 2 dólares (2014).[8]
- Malaisia: 50 sen (desde 2011).[9]
- Nova Zelandia: 20 cents (desde 2006).[10]
- Sri Lanka: 2 rupias (2017).[11]
-
Acerbaixán: 10 Qapik.
-
Casaquistán: 200 tenge.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Flor española". En Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Spanische Blume". BTN Münzen.
- ↑ "La flor española". En El País. 8 de xuño de 1997.
- ↑ "For the visually impaired". European Central Bank.
- ↑ "Common sides". European Central Bank.
- ↑ "10 Qəpik". Numista.com
- ↑ "200 Tenge". Numista.com
- ↑ "2 Dollars". Numista.com
- ↑ "50 Sen". Numista.com
- ↑ "20 Cents - Elizabeth II". Numista.com
- ↑ "2 Rupees". Numista.com