Florence Parpart
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1873 Hoboken, Estados Unidos de América |
Morte | 3 de decembro de 1930 (57 anos) |
Actividade | |
Ocupación | inventora |
Florence Parpart, nada en Hoboken (Nova Jersey), foi unha inventora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Florence Parpart viviu a maior parte da súa vida en Nova York e Filadelfia, onde tivo unha vida discreta de ama de casa ata que en 1900, obtivo a súa primeira patente dunha máquina de varrer industrial que melloraba a de Eureka Frazer Brown patentada en 1879.[1][2] A mellora permitiu un uso máis amplo e dous anos máis tarde, Parpart vendeu a innovación en varias cidades dos Estados Unidos entre elas, Nova York, Filadelfia e San Francisco.[3]
Tras casar con Hiram D. Layman, en 1914 obtivo unha patente dun refrixerador eléctrico, mellorando modelos anteriores que deixaron obsoletas as caixas de xeo que se usaban até entón e que supuxo un cambio total non só na forma de conservar os alimentos, senón tamén de cociñalos.[4]
Asistindo a feiras comerciais e desenvolvendo as súas propias campañas publicitarias logrou comercializar as súas neveiras con bastante éxito por todo o país.[5][6]
Patentes
[editar | editar a fonte]- FR343775 Arquivado 01 de maio de 2021 en Wayback Machine. 14 de outubro de 1904.
- US1090925 Arquivado 28 de setembro de 2020 en Wayback Machine. 24 de marzo de 1914.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stanley, Autumn (1995). Mothers and daughters of invention: notes for a revised history of technology (en inglés). Rutgers University Press. ISBN 978-0-8135-2197-8. OCLC 31782818. Consultado o 2021-04-05.
- ↑ Green, Whirlwind Clean and. "Women`s History Month - Did you know...." (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-05.
- ↑ Mirage World of Women
- ↑ "Diez mujeres que cambiaron el mundo" (en castelán). 2014-12-10. Consultado o 2021-04-05.
- ↑ AS, Diario (2016-03-08). "Día Internacional de la Mujer: Importantes inventos modernos con firma de mujer" (en castelán). Consultado o 2021-04-05.
- ↑ País, Ediciones El (2017-02-11). "Científicas que han cambiado el mundo y probablemente no conocías" (en castelán). Consultado o 2021-04-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.