Saltar ao contido

Florencio III de Holanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFlorencio III de Holanda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1141 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1190 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Antioquía do Orontes, Turquía Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Holland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAda de Huntingdon (1162 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosAgnes van Hollant, Florence of Holland, Ada of Holland, Dirk VII, Count of Holland, Margareta van Hollant, Guilherme I, Conde da Holanda, Boudewijn Editar o valor en Wikidata
PaisTeodorico VI, Conde da Holanda Editar o valor en Wikidata  e Sophia of Rheineck Editar o valor en Wikidata
IrmánsOtto, Count of Bentheim
Baldwin II van Holland
Dirk I Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Van_Holland-173

Florencio III de Holanda,[1] nado en 1141 e finado en Antioquía o 1 de agosto de 1190, foi conde de Holanda desde 1157 ata 1190.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Florencio era fillo de Dirk VI de Holanda e Sofía de Luxemburgo, condesa de Bentheim. Casou o 28 de setembro de 1162 con Ada de Huntingdon, filla de Henrique de Escocia e irmá do rei Guillerme I de Escocia. Como vasalo do emperador Frederico I acompañouno en dúas expedicións a Italia, en 1158 e en 1176-1178. En agradecemento o emperador integrouno na nobreza imperial e deulle os dereitos de peaxe sobre Geervliet, que os condes de Holanda xa viñan realizando, ilegalmente, desde o século XI.

O conde Filipe de Flandres ambicionaba Zelandia e a guerra estoupou entre Flandres e Holanda, os flamengos capturaron a Florencio en Bruxas e aceptou a preminencia flamenga en Zelandia en troques da súa liberación en 11167. Durante o seu reinado tamén tivo que facer fronte a unha revolta dos frisóns occidentais. En 1170 un asolagamento devastou o norte, axudando a formar o Zuiderzee.

En 1189 Florencio acompañou a Frederick Barbaroxa na Terceira Cruzada. Morreu en 1190 en Antioquía por unha peste e alí foi soterrado.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.