Florencio de la Torre
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Galicia, España ![]() |
Morte | 1940 ![]() Palencia, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, catedrático, político ![]() |
Florencio de la Torre Carrillo, finado en Palencia en maio de 1940, foi un profesor, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi catedrático de Matemáticas do Instituto de Ourense e director do mesmo. Viaxou ao estranxeiro como bolseiro pola Junta para Ampliación de Estudios en 1927. Colaborou en Heraldo de Galicia, onde publicaba a sección "Apuntes de Roma". Na República formou parte da Agrupación Socialista de Ourense.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado, separado da cátedra e sufriu expediente de incautación dos seus bens.[2] Foi sancionado cunha multa de 500.000 pesetas o 26 de xullo de 1937. Marchou a Palencia, onde vivía a súa nai Anastasia Carrillo de la Torre. Finou en Palencia en maio de 1940.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Negrín Fajardo, Olegario (2006). "La depuración franquista del profesorado en los institutos de segunda enseñanza de España (1937-1943). Estudio cuantitativo para Galicia" (PDF). Sarmiento (10): 59–99. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 1 de setembro de 2014.