Fluorosurfactante
Substancias perfluoroalquiladas e polifluoroalquiladas (PFAS) | |
---|---|
Estrutura molecular do ácido perfluorooctano sulfónico (PFOS), un fluorosurfactante eficaz e bioacumulativo, da familia dos PFAS
| |
Substancias perfluoroalquiladas e polifluoroalquiladas | |
Outros nomes Químicos eternos, substancias fluoroorgánicas | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
As substancias fluorosurfactantes, polifluoroalquiladas ou perfluoroalquiladas (PFAS), tamén coñecidas como substancias fluoroorgánicas ou "químicos eternos", son compostos químicos organofluorados sintéticos caracterizados por varios átomos de flúor (F) unidos a átomos de carbono (C).[1] Estes compostos teñen unha 'cola' fluorada e unha 'cabeza' hidrófila, e poden ser perfluorados ou polifluorados, o que significa que a cola pode estar total ou parcialmente fluorada (todos os átomos de carbono unidos a flúor ou só algúns deles). Debido á súa estrutura molecular e ao forte enlace CF, os PFAS son extremadamente estables e resistentes á degradación.[2] Como surfactantes, son máis eficaces reducindo a tensión superficial da auga que os tensioactivos baseados en hidrocarburos. Algunhas destas substancias, como o PFOS, foron detectadas en humanos e animais salvaxes.[3]
Investigación
[editar | editar a fonte]En 1997, mentres traballaba para a compañía 3M, a científica Kris Hansen descubriu que as mostras de sangue recollidas por todo Estados Unidos contiñan PFAS, que eran perigosos para a saúde humana e que se converteron nunha presenza constante nos ecosistemas. Hansen revelou que a empresa tentou desacreditar os seus datos e ocultar a toxicidade dos PFAS.[4]
Un estudo do Centro Helmholtz de Investigación Ambiental (UFZ) explorou os efectos nocivos dos PFAS no cerebro, utilizando métodos avanzados de bioloxía molecular e o peixe cebra como organismo modelo. Revelouse que os PFAS poden levar a danos hepáticos, obesidade, trastornos hormonais e cancro, e descubriuse que alteran certos xenes implicados no desenvolvemento cerebral e no comportamento. Utilizando a técnica CRISPR/Cas9, os investigadores determinaron que a exposición a PFAS inducía hiperactividade nos alevíns de peixe cebra, un efecto que cesaba ao retirar os químicos.[5]
Unha investigación transnacional recente desvelou máis de 14.000 documentos que mostran como a industria química encubriu durante décadas a toxicidade dos PFAS, asociados con varios tipos de cancro, infertilidade e unha menor resposta ás vacinas. Ademais, o Ministerio de Sanidade de España está a realizar estudos para detectar a presenza destes químicos en persoas e en auga potable, coa participación de 3.800 voluntarios para medir os químicos de risco acumulados no organismo.[6]
Regulación
[editar | editar a fonte]As medidas regulatorias recentemente implantadas obrigan a todas as empresas de abastecemento de auga potable a controlar os catro PFAS máis perigosos e, a partir de 2025, a suma de 20 PFAS, incrementando os custos de análise e tratamento da auga.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O que são PFAS? - PFAS Exchange" (en portugués). 2020-09-28. Consultado o 2024-10-14.
- ↑ Yukio Okada, Dagoberto; Da Silva Ferreira, Ana Carolina (2024). "SUBSTÂNCIAS PERFLUORALQUILADAS E POLIFLUORALQUILADAS (PFAS): UMA REVISÃO SOBRE TRATAMENTOS, REGULAMENTAÇÃO E MONITORAMENTO" (PDF). XXXII Congresso de Iniciação Científica da UNICAMP. Consultado o 2024-10-14.
- ↑ Lehmler, Hans-Joachim (2005-03-01). "Synthesis of environmentally relevant fluorinated surfactants—a review". Chemosphere 58 (11): 1471–1496. ISSN 0045-6535. doi:10.1016/j.chemosphere.2004.11.078.
- ↑ Ron, Antonio Martínez (2024-07-13). "La científica que detectó los ‘químicos eternos’ en la sangre y fue silenciada por la industria: “Se podría haber evitado”". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2025-01-15.
- ↑ Staak, Andreas. "Press releases - PFAS influence the development and function of the brain". www.ufz.de (en inglés). Consultado o 2025-01-15.
- ↑ 6,0 6,1 DATADISTA, Ana Tudela, Antonio Delgado. "Alerta PFAS: 70 años de engaños de la industria química que ya han llegado al grifo y a tu sangre. Un especial de DATADISTA para elDiario.es". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2025-01-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Map of Forever Pollution - The Forever Pollution Project (en inglés)
- The Forever Lobbying Project - The Forever Pollution Project (en inglés)
----
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |