Fly Williams
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1953 ![]() Brooklyn, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Austin Peay State University (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 200 lb ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e American Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Philadelphia 76ers ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | flywilliams.com ![]() |
James "Fly" Williams, nado en Nova York o 18 de febreiro de 1953, é un ex xogador de baloncesto norteamericano. En 1978 logrou 100 puntos nun partido da Liga IS8 (máxima división da liga de institutos de Nova York).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Brownsville, no barrio dr Brooklyn estudou no Instituto Madison, alí ao primeiro amosou interese polo béisbol pero era alto de máis para ser competitivo e pasouse ao baloncesto.[2] Despois de rematar o instituto recrutárono en 1972 para a Universidade Estatal Austin Peay en Clarksville (Tennessee).
Williams marcou na súa primeira tempada unha media de 29.4 puntos por partido, o quinto mellor dos Estados Unidos. O equipo de Austin Peay puido participar no torneo da NCAA e Williams anotou 26 puntos en cada un dos partidos clasificatorios pero o seu equipo caeu ante o da Universidade de Kentucky.
Na súa segunda tempada marcou 27.5 puntos por partido. O seu equipo cualificouse para torneo da NCAA e malia Williams marcar 26 puntos o seu equipo caeu na primeira rolda contra o Notre Dame por 108–66. Nos seus dous anos en Austin Peay marcou 1.541, unha media de 28.5 por partido.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Os Denver Nuggets fixéronse con Williams na primeira rolda do draft ABA de 1974 mais venderon o seu contrato os Spirits of St. Louis. A tempada 1974–75 foi mala para Williams e o seu equipo. Logrou só 9.4 puntos por partido[3] e non xogou a tempada seguinte;(1975–76). Os Philadelphia 76ers selecciárono na novena rolda do draft da NBA de 1976 pero non se chegou a asinar contrato.[3] Williams entón xogou en equipos da CBA e na Liga do Leste.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Legend of Corey Fisher confirmed – College Basketball Nation Blog – ESPN
- ↑ "Elite 24: Rucker Park legends". ESPN, 22 de xuño de 2012
- ↑ 3,0 3,1 "Fly Williams statistics page at BasketballReference.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2016. Consultado o 25 de setembro de 2016.