Fokker C.V
Fokker C.V | |
---|---|
Tipo | recoñecemento lixeiro, bombardeiro |
Fabricante | Fokker |
Introducido | 1924 |
Principais usuarios | Real Forza Aérea dos Países Baixos Regia Aeronautica Servizo Aéreo do Exército de Noruega Forza Aérea de Finlandia |
Unidades construídas | 955 |
O Fokker C.V foi un biplano neerlandés cos roles de recoñecemento lixeiro e bombardeo fabricado por Fokker. Foi deseñado por Anthony Fokker e comezou a producirse en serie en 1924 en Ámsterdam.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O C.V foi construído a principios dos anos 20 por Anthony Fokker. Foi planeado como un avión de recoñecemento e bombardeiro biplaza. Cando foi presentado ao público en 1924 fabricouse en varias versións; o cliente podía elixir entre cinco diferentes tipos de ás (que variaban na súa envergadura). Os motores radiais podían dar entre 451 e 970 cabalos. O tren de aterraxe podía ser cambiado de rodas a pontóns. O avión foi un éxito de exportación para Fokker, ao venderse ou fabricarse baixo licenza en Bolivia, a China, Dinamarca, os Estados Unidos, Finlandia, Hungría, Italia, Noruega, os Países Baixos, Suíza, a Unión Soviética e o Xapón.[1] Suecia mercou dúas versións diferentes para usar como modelos para as súas propias variantes fabricadas baixo licenza de recoñecemento S 6 e caza J 3.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fokker C.V [C.5] [War over Holland - May 1940: the Dutch struggle]". www.waroverholland.nl. Consultado o 2022-03-21.