Folco de Baroncelli-Javon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marie Joseph Lucien Gabriel Folco de Baroncelli-Javon 1 de novembro de 1869 Aix-en-Provence, Francia |
Morte | 15 de decembro de 1943 (74 anos) Aviñón, Francia |
'majoral' of the Félibrige (en) | |
1905 – 1926 ← Alphonse Tavan (pt) – Antoine Esclangon (en) → | |
Datos persoais | |
Residencia | mas du Simbèu (en) (1931–1943) mas de l'Amarée (en) (1899–1931) |
Actividade | |
Campo de traballo | Cultura de Occitania |
Ocupación | escritor, manadier (en) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Henriette de Baroncelli (1895–1936) |
Fillos | Frédérique de Baroncelli, Nerte de Baroncelli, Maguelone de Baroncelli |
Irmáns | Jacques de Baroncelli Marguerite de Baroncelli |
Descrito pola fonte | Q130492555 |
Folco de Baroncelli-Javon, nado en Aix-en-Provence o 1 de novembro de 1869 e finado en Aviñón o 15 de decembro de 1943, foi un aristócrata e escritor provenzal. Poeta de forte conciencia política, foi un gran defensor do pobo e das tradicions camarguesas. Próximo a Frédéric Mistral e a Josèp Romanilha, fundou con eles o voceiro do Felibrige: L'Aiòli.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertencía por parte de seu pai a unha antiga familia florentina instalada na Provenza no século XV. Criouse na cidade de Aviñón, onde a súa familia posuía o Palais du Roure. Malia a orixe aristocrática, a súa familia mantiña o provenzal como lingua familiar non obstante a substitución da lingua polo francés entre as clases aristocráticas e da alta burguesía da época. Parte da súa infancia e mocidade pasouna entre Arles, Nîmes e Bolhargues. Comezou a escribir en occitano á idade de 18 anos, durante os seus estudos en Nimes, coincidindo con Frederic Mistral. Foi director e fundador en 1891 do periódico adscrito ao Felibrige L'Aiòli, órgano deJovent Occitan que xuntaría aos mozos Frederic Amouretti, August Marin e Charles Maurras, impulsores do Rexionalismo occitano. En 1899 deixou de publicar a revista, retirándose á Camarga, establecéndose como gardian da súa propia manda, a Manada santenca <Manado santenco> e loitando polo mantenento do carácter tradicional desta rexión e desde 1904 impulsou festas populares como as de Santas-de-la-Mer. É autor da colección de poesías Lo rosari d'amour (1889) e da novela sentimental Babali (1890).